Opinión

Varias lecturas

Desde que M. Night Shyamalan estremecu ó mundo con "O sexto sentido", el mesmo foi a estrela das súas seguintes películas, só Mel Gibson en "Sinais" vendeu a película de igual a igual. Dígoo porque en "O bosque" aparecen Sigourney Weaver e William Hurt, nada menos, e nin os vemos no cartel. O tirón é do director quen, desde aquela do neno que vía mortos, non volvera pasalo medianamente ben cunha del como o fixen de novo con este filme.

Mantendo a súa marca de fábrica, a presentación da trama é delicada e inquietante e a cada plano provoca fame do seguinte. Pero mentres que en "O protexido" e "Sinais" o guión perdía intensidade cara á metade e declinaba ata un desenlace moi por debaixo das perspectivas anunciadas, en "O bosque", Shyamalan rematou a faena, non con volta á area, pero si con aplausos. Non só a progresión carece de fochancas, senón que a cada aparente final da historia (e hai máis dun) vai un pouco máis alá. Película con varias lecturas, esta é das que incita un pouco a repasala ó acabar. Pódense descubrir máis cousas.

Un pequeno pobo con xente que, polos seus vestidos e aparellos semella estar a mediados do século XIX e vivir harmoniosamente, teme ós que habitan máis alá das súas fronteiras, vixiadas permanentemente. Refírense ós seus inimigos como "aqueles de quen non falamos" e relaciónano coa cor vermella que non existe para a comunidade. Na primeira exposición Shyamalan utiliza os recursos clásicos do oficio, luz (fermosa fotografía), encadramentos, ruídos e música subliñan o medo, o perigo e o descoñecido.

Cómo se desenvolve a historia e se van coñecendo as características do grupo, as individuais e ata a derradeira volta de rosca que cerra esta fábula con ribetes de traxedia grega é, ademais dun excelente guión, un exemplo de pulso e ritmo. O illamento desta comunidade e a súa suposta protección no profundo do bosque non lles pode garantir o que pretenden. Non hai nada que poda cambiar o material de que estan feitos os seres humanos. Ninguén debe decidir polos demais, nin impedir, aínda co mellor dos fins, exercer o poder.

Te puede interesar