Opinión

Como me fixen articulista

Fora polo ano 1930 e tería eu 17 anos. Eso nunca o olvidarei, nen tampouco que un día, unha man dunha amiga pousou na miña, cariñosamente, unha folla arrincada dunha revista, da cal naquel intre non se me ocurríu indagar nada. Naquela folla, cando puxen os meus ollos nela, vin que estaba escrito no centro un poema, do que nunca souben si tiña firma ou era anónimo. Porque eu era unha rapaciña nova que inda sabía moi pouco das cousas da vida, e sobre todo das referentes ás educacionais.


De xeito que tan só me fixei e lin o poema, o primeiro que de xeito tan raro me chegara ás mans. E o seu contido ainda pervive na miña memoria. Ocurríame todo isto nos comenzos da miña carreira do Maxisterio, sendo eu unha rapaza noviña e boa estudante. Pero nunca esquecín aquelas rimas que un día recollera do chan na Ponte da Burga, e que, por moito tempo, eu conservara. No poema, con toda calma, eu puiden ler asegún camiñaba pola aceira daquela Ponte, adispaciño, interesada. E a rima dicía así, tal como eiquí vai escrito: ’Regañaste con él, pero confío - que ha de retornar tu amor en breve. El invierno es muy frío - y en los montes más altos aún hay nieve... Cuando llegue el verano; - cuando se cuaje el grano en la dorada espiga, - que buscar a las eras va la hormiga, - que del monte hasta el llano se pasea, - por más de un vericueto, - hasta tanto que vea - de provisiones su nidal repleto... Cuando el campo sonría. - Cuando entonen su dulce melodía - en la floresta las parleras aves - que cuelgan en los árboles sus nidos. - Cuando ya no haya nieve en los alcores, - verás como despiertan los amores, - que tú crees muertos y que están dormidos’...


E ainda seguían máis estrofas, que remataban así: -’Para que no lo ignores, - y para que además te tranquilices, - dice el refrán que árboles y amores, - mientras tengan raíces, - tendrán hojas también y tendrán flores’.


Con ese saibo poético na mente, pasou o tempo, rematei a carreira e gañei escola, a miña primeira escola que estaba fora de Ourense, polo cal tiña que ir a ela collendo autobus. O pobo ó que ía destinada chamábase Teimende, na parroquia de Parada do Sil, á que lle conservo ainda moito cariño. Era toda moi boa xente, e non os esquezo nas miñas lembranzas, que estou relembrando, onde estiven varios anos acompañada pola miña irmá Pura, que morreu o ano pasado no xullo do Santiago Apóstol. Ela xa publicaba cousas no xornal ’La Zarpa’ de Ourense, e tamén en ’La Noche’ de Santiago de Compostela.


Estábamos en plena Guerra Civil, que Pura pasou conmigo en Teimende, o pobo que me tocara no destino, a dous kilómetros de Parada do Sil. E un día, atopeime de novo con aquela folla e o seu poema, nunca olvidado. En sentín de súpeto, o repasalo, un forte desexo de facer algo, intentar escribir algunha cousa sobre delo, facerlle unha glosa. E púxeme á tarefa, ó que me saise. E titulei o escrito: ’Riña de Verano’, e mandeillo a ’Borobó’, director de ’La Noche’ de Santiago de Compostela, onde saíu con data 13 de agosto de 1948, en castelán como fora o poema, e falaba sobre o amor; e sería moi longo o poñelo aquí, anque me gustaría dalo a coñecer, e referíase a un comentario adicado a unha parexa de noivos, que remataba: ’Pronto sonreirás, - ...Tranquilízate, - que pronto despertará de su letargo el corazón, que sólo estará dormido y no dejará de florecer’....


Ainda agora paréceme sentir a mesma emoción que cando vin o meu título no diario ou xornal ’La Noche’, ós poucos días... E así foi para min, eso de facerme ’articulista’ e colaboradora de varios xornais de España, Galicia, e o extranxeiro; e ainda agora, neste tempo, de cando en cando, recurro ós nosos xornais a probar sorte. Pero, ese foi o motivo que me empuxou a facerme eso: ’articulista’, cousa que fago de cando en cando, porque me gusta.


Te puede interesar