Opinión

Antonio Carreño: de Sagan a Lope

O martes próximo terá lugar a entrega da medalla de ouro da provincia de Ourense a Antonio Carreño, iniciativa que ven a facer xustiza ós merecementos do personaxe.  

Como saben, o profesor Carreño arrímase regularmente polas páxinas deste xornal, coas “Crónicas desde la Ribeira Sacra”, nas que narra historias varias, bañadas co verniz da sabiduría e cultura do autor, que as fai interesantes sen perder a facilidade de lectura.

Máster en Literatura Latinoamericana polo Trinity College de Connecticut; graduado en Yale en Literatura Latinoamericana e Artes, respectivamente. Doctor nesta mesma universidade, onde pasaría a impartir clase, ademáis de en Urbana-Champaign (Columbia), Middlebury e Brown (unha das dez mellores universidades do mundo en línguas romances), onde lograría a cátedra e permanecería ata a xubilación. 

Paralelalmente foi profesor visitante en varias universidades de Europa e América, ademáis de dedicar notables esforzos ó estudo e investigación do Século de Ouro ata converterse, segundo as autoridades na materia, no experto máis importante en Lope de Vega vivo.

Xubilado na docencia, voltou á terra natal, para seguir escribindo e afondando na investigación sobre Lope e outros escritores do Século de Ouro. 

É fácil deducir que este home, que se pasea anónimamente polas ruas de Ourense con andar sosegado e mirada curiosa, é un pozo de sabiduría que quenes tiñan capacidade para elo non poideron ou souberon ver e aproveitar para facilitar o acceso á sua fondura intelectual, capaz como é de falar de case todo o que nos rodea, da vida, vivida a través da palabra. Santo termo este, ao que Carreño recurre asiduamente, pois sostén que nel. Por certo, interno nos dominicos de León e Granada dende neno, os frades querían que aquel rapaz tan listo e desperto se encamiñara á vida relixiosa. Non foi posible. Ao adolescente Antonio pillárono lendo ás agachadas a mítica “Bon jour tristesse” de Sagan, vetado polo réxime e satánico para a moral dos relixiosos. Calquera o diría, pero polo camiño das lecturas prohibidas empezou o exitoso camiño do hoxe laureado doctor Carreño.

Te puede interesar