Opinión

Seis presidentes e 42 anos despois

Andamos metidos xa de pleno na duodécima campaña das elección autonómicas galegas que decidirán o nome dos 75 novos deputados (é un dicir, porque unha boa parte revalidarán escano) ó Pazo do Hórreo, quenes a sua vez elixirán ó presidente da Xunta, que será o sexto no caso de que Rueda revalide o cargo ou o séptimo se tal honra recaíse sobre Ana Pontón ou Gómez Besteiro. Trátase da duodécima convocatoria dende a constitución do primeiro Parlamento en 1981. O tempo transcorrido dende entón pódese considerar como unha etapa de estabilidade, tendo en conta que de 42 anos e medio, catro deses seis presidentes repartíronse 38 anos e os outros dous -Laxe e Rueda, os catro e medio restantes-.

O goberno estivo maioritariamente en mans do Partido Popular (primeiro ca marca Alianza Popular), dende as lonxanas elecións de 1981, nas que se impuxo sorpresivamente ás forzas de centro nucleadas pola UCD, xa en franca descomposición no Estado. Fernández Albor foi, por tanto, primeiro presidenta da Xunta democrática, manténdose no posto ata setembro de 1987, cando unha moción de censura de centroesquerda -na que había xente que viña de AP-, propiciou a eleción do socialista Fernando González Laxe. Porén, aquel tripartito non foi quen de consolidar nas urnas a maioría fraguada para a moción de censura, polo que Fraga, que viña a Galicia despois da sua particular travesía do deserto dende que dimitira como presidente de AP en decembro de 1986 pola concatenación de pobres resultados electorais do partido.

Fraga dominou liderou claramente a escea política galega ata as eleccións de 2005, nas que o PP perdeu a maioría absoluta lastrado polas consecuencias da xestión do desastre do Prestige e máis polo propio agotamento político e vital da figura do líder incuestionable na dereita galega. O pacto entre PSdeG e BNG fai presidente da Xunta a Emilio Pérez Touriño e vicepresidente a Anxo Quintana, candidato dos nacionalistas. O goberno de esquerdas durou ata a primavera de 2009, cando o renovado PP de Feijóo recuperou a maioría absoluta, que se mantán ata hoxe, aínda que o propio Feijóo dimitiu a principios de 2022 para facerse cargo da presidencia do Partido Popular en Madrid, promovendo a Alfonso Rueda como sustituto.

Agora, fiándose das enquisas, Rueda conta con moitas posibilidades de revalidar o posto, pero nun escenario aberto que otorga opcións para que Ana Pontón, do BNG, se convirta na primeira muller presidenta da Xunta co imprescindible apoio dos socialistas.

Te puede interesar