Opinión

Ases na manga da xustiza

Triste, moi triste, cando hai que derrubar o que está ben feito. Desta maneira expresábase un arquitecto despois de que empezará o derrubo da casa de Miguel e Rosa en Reza. Outro do mesmo gremio apuntaba que a casa destes veciños pedira licencia municipal moito antes ca do veciño litigante, pero as meigas que viven dentro da burocracia do Concello frearon, non se sabe como, o camiño da petición e despois dun longo tempo e moitas idas e voltas, o asunto chegou ás mans dos que seica imparten xustiza, e que ás veces viven arredados da realidade social, e soamente entenden de leis frías e asépticas, e emiten veredicto. Logo, un alcalde mandou cumprir a orde de derrubo sen máis contemplacións. Veremos que acontece coas sentenzas de derrubo das obras da avenida das Caldas, avenida de Pontevedra e de Marcelo Macías. Veremos se neste asunto os que imparten xustiza non quitan algún as da manga que diga máis ou menos: Diante a inexecutabilidade da sentenza, pois esta aporta máis perxuizos que beneficios, e en base a... bla, bla, bla regularícese pagando tal ou cal sanción. Conclusión: a casa dun traballador que non afectaba a nada público, derrubouse, porque faltaban 12 metros de distancia á doutro veciño. Veremos que acontece cos edificios sinalados. Veremos.

E mentras, a cidade das Burgas volveu á man dos populares. Desta vez, e visto o resultado electoral, parece que se impuxo o sentido común, pois a posibilidade de que chegara a normalidade institucional sumando outra maioría alternativa, parecía imposible pois a auga e o aceite nunca fixeron boas migas. Agora, compre que o señor que lle pide pactos a quen insulta permanentemente, cumpla o que sempre prometeu: “Si non soy alcalde dimitiré”. Aínda que o controvertido persoeiro xa anda meditando facer unha moción de censura, sen deixar que pasen os cen días de rigor que todo alcalde debe ter para demostrar se funciona ou non. Presumo que imos ter moito espectáculo circense nestes catro anos na Praza Maior, pois Jácome, aínda que diga o contrario, xa pertence á casta dos que el tanto criticou.

A empresa Barreiros empezou a súa andaina no ano de 1973 fundada por Eduardo Barreiros. Logo converteuse en Forxas Galicia, e agora, guiada por empresarios vascos e bos directivos, en Galfor. Na xornada de portas abertas do domingo visitárona moitos ourensáns que puderon ver como dunha barra de aceiro nace un eixo, un cigüeñal ou un palier, todas pezas básicas para os vehículos. Esta empresa fabrica o 25% dos cigüeñais dos vehículos que se montan en Europa. Todo un modelo de organización e de empresarios que saben chegar a acordos cos traballadores para que estes se sintan partícipes dun proxecto que medra e invirte en Ourense; agora amplía e aumenta produtividade con 9 millóns de euros de inversión. A produción de 2,9 millóns de pezas no 2014 prevé chegar a 3,7 no 2015. En fin, todo un éxito que lle permite ter traballo fixo a 330 ourensás, e ampliar mercados, claro, fuxindo da política da precariedade laboral que tanto hai hoxe e implicando ós seus traballadores nun proxecto moi interesante e competitivo.

Te puede interesar