Opinión

Batalla das flores, ¡si!

A corrupción rampante en todolos partidos políticos - en todos- fai estragos nunha sociedade que está farta dos políticos. E no tema das festas na nosa cidade as cousas non van como deberan. Non serei eu quen critique a quenes teñen a responsabilidade de organizalas. Xa que logo eu ben sei o que nese evento se coce e é moi dificil contentar a caseque todo o mundo.

Pro non quero participar na "desfeita" que se fai nas nosas festas. Na dictadura en Ourense capital había festas: o día do Cristo, coa participación dos maios; logo as Festas Maiores. Despois a do San Roque, a dos Remedios e pra remate a do San Martiño, con pregón e desfile ata a Alameda. Pregoiros: Carlos Casares, Abelardo Santorum, Eduardo Blanco Amor (que ao fecelo dende o balcón principal do Concello un policia local deixou pasar incomprensiblemente a un motorista con un ruido espantoso, ao que o noso grande novelista parou e dixo entre os sorrisos dos magosteiros na Praza: "Dejemos que pase el progreso"), tamen Juan Carlos Villacorta...

E nas festas devanditas o comercio abria polas mañáns e pechaba polas tardes. Co cal os comerciantes beneficiábanse das xentes que viñan da provincia á cidade. E na nosa democracia domesticada con "demócratas" de novo cuño, que ¿onde estaban estes cando algúns xogábamos o pan e fumos parar algunhas veces a onde non queríamos? Xa me entenden...

Xa houbo unha concelleira do BNG que quería trasladar as Festas Maiores prao Carnaval. Pois agora queren suprimir un dos números máis tradicionais, fermosos e gratuitos: a Batalla das Flores.

¿Qué sinrazóns poder levar a semellante disparate? Batalla das Flores, ¡si! Certames de Bandas de Música, un Festival con participación de grupos dos Pobos das Españas, etc.A corrupción rampante en todolos partidos políticos - en todos- fai estragos nunha sociedade que está farta dos políticos. E no tema das festas na nosa cidade as cousas non van como deberan. Non serei eu quen critique a quenes teñen a responsabilidade de organizalas. Xa que logo eu ben sei o que nese evento se coce e é moi dificil contentar a caseque todo o mundo.

Pro non quero participar na "desfeita" que se fai nas nosas festas. Na dictadura en Ourense capital había festas: o día do Cristo, coa participación dos maios; logo as Festas Maiores. Despois a do San Roque, a dos Remedios e pra remate a do San Martiño, con pregón e desfile ata a Alameda. Pregoiros: Carlos Casares, Abelardo Santorum, Eduardo Blanco Amor (que ao fecelo dende o balcón principal do Concello un policia local deixou pasar incomprensiblemente a un motorista con un ruido espantoso, ao que o noso grande novelista parou e dixo entre os sorrisos dos magosteiros na Praza: "Dejemos que pase el progreso"), tamen Juan Carlos Villacorta...

E nas festas devanditas o comercio abria polas mañáns e pechaba polas tardes. Co cal os comerciantes beneficiábanse das xentes que viñan da provincia á cidade. E na nosa democracia domesticada con "demócratas" de novo cuño, que ¿onde estaban estes cando algúns xogábamos o pan e fumos parar algunhas veces a onde non queríamos? Xa me entenden...

Xa houbo unha concelleira do BNG que quería trasladar as Festas Maiores prao Carnaval. Pois agora queren suprimir un dos números máis tradicionais, fermosos e gratuitos: a Batalla das Flores.

¿Qué sinrazóns poder levar a semellante disparate? Batalla das Flores, ¡si! Certames de Bandas de Música, un Festival con participación de grupos dos Pobos das Españas, etc.

Te puede interesar