Opinión

¡Catalunya, ai Cataluña!

Ninguén me pode acusar de ser antinacionalista. Son federalista como solución á vertebración das Españas. Fun íntimo amigo -do que me gabo- de don Ramón Otero Pedrayo, tiven unha amizade moi fonda con don Vicente Risco, con don Joaquín Lorenzo, con don Xesús Ferro Couselo... e participei representando ao meu partido no Consello de Forzas Políticas Galegas.

Intimei amizade con Xosé Manuel Beiras, con Camilo Nogueira, con Xosé González Martínez "O Pepiño", cando militaba na Unión do Povo Galego. Tiven a honde pasar horas e máis horas con don Ramón, tanto na rúa da Paz como en Trasalba (con b, non como pon en Sta. Cruz de Arrabaldo ao sinalar o letreiro, pon un v, cara a Casa grande do Mestre que me ensinou a amar a Galicia). E tamén -aviso a navegantes- presentei no Pleno do Concello de Ourense onde fun tenente de alcalde elexido polos votos dos veciños, a moción pra que nomearamos Cronista da Cidade no noso idioma galego. A úneca vez que si fixo na dictadura na Casa do Concello.

Dito esto dame verdadeiro noxo a actitude de Mas e Junqueras pra se querer separar das Españas que teñen cincocentos anos de existencia. Máis xuntos nun Estado Federal, que non en "campanarios" que defenden os que non ollan máis alá das súas narices.

Din que o viaxar o nacionalismo, e leer moito, do Carlismo. Pois nin unha cousa nin a outra. Coñezo Catalunya porque elí fun unha morea de veces perante a dictadura, e era a porta de Europa. Un país delicioso, culto, con un soio defecto: que son mais agarrados os cataláns, e xeneralizo, cousa que non me gusta, máis agarrados que un "chotis", que se baila nun azulexo.

Catalunya tense beneficiado do goberno de Franco motísimo máis que calqueira outro das Españas. E ségueno facendo nesta partitocracia que padecemos. E os nacionalistas cataláns -que o saiban algúns dos nosos, eiquí na Galicia-, opuxéronse sempre a que o AVE se fixera á nosa Terra, nunha forma de insolidariedade que da noxo.

Inculcouse nas escolas o odio ás Españas, aos nenos ensinándolles unha "Historia" que endexamais existiu. E todo cos cartos de tódolos españolitos. E os gobernos do PSOE e do PP non souperon contrarrestar istas falsedades que pregoan o ex-Molt Honorable (que roubou a eito coa súa dona e mailos seus fillos), o Artur Mas que algo terá que saber de cando levaba as contas e cando foi Conseller de Cap co Pujol) e o iluminado do Junqueras, que vaia vostede a saber onde andaba este personaxe cando moitos nos xugabamos o pan noso de cada día e íamos a parar a onde el naturalmente non foi nin o Artur Mas tampouco.

Agora botan un pulso ao Estado quenes están a gozar dunha autonomía como poucos teñen na Europa. Se se queren marchar, pois que o fagan. E que deixen de nos vender aos españois o que eles fabrican, que se van enterar do que vale un peine.

Pobre Catalunya nas mans dos separatistas aos que os separadores séguenlle dando cartos en millóns de euros, mentres neste noso Estado das Autonomías a outros pobos das Españas dannos as faragullas dos Presupostos Xerais.

P.D.- Pedro Sánchez (PSOE) pide que se lle fagan funerais de Estado ás mulleres víctimas da violencia de xénero.

Te puede interesar