Opinión

Eleccións europeas

Quén esto escrebe, amable lector, non tivo o desgusto de seguir o debate entre Valenciano e Cañete. Non. Teño outras cousas de que me preocupar, afortunadamente. Mais escoitei nun telexornal dicir a Elena Valenciano nun mitin sobor dos "mellores gobernos" desta partitocracia que padecemos que "Felipe González e José L. Rodríguez Zapatero foron os mellores que gobernaron".


Pois, señora Valenciano, mire vostede, e quenes afirman que as "virtudes" de Zapatero e de Felipe González calan os asasinatos de Estado que cometeu Felipe González de xentes iñocentes e que foron condenados e ingresaron na cadea.


E algo máis: Filesa, Matesa, Roldán, Vera, etcétera, roubáronnos os cartiños aos contribuíntes. Eu recomendo á señora, señorita ou o que sexa (como dixera don Ramón Puga en Radio Orense, E.A.J. 56, sobor dunha artista que entrevistou na súa emisora), o libro de Joaquín Leguina "Historia de un despropósito-Zapatero, el gran organizador de derrotas" (Temas de hoy), onde Leguina pon a descuberto o desastre do goberno de Zapatero e dalle leña a José María Aznar, o cal demostra unha grande obxectividade.


A min, persoalmente, impórtame un pito quen gañe estas eleccións, pois ao final quen manda e ordea e fai saber é a señora Merkel co Banco Central Europeo. O demáis é ir de comparsas e cobrar moi ben, como "Maleni" Álvarez -¿lembran o de "Plan Galicia de mierda" -que dixo esta señora que foi conselleira en Andalucía e ministra con José L. Rodríguez Zapatero?- Esí que estamos a velas vir a cidadanía, que somos unhas ovellas do rebaño capitalista e socialdemócrata que se turnan no Parlamento Europeo. E Felipe González colgado da brazo por dicir que facía falla un goberno PP-PSOE, e os seus dixeron nones. Esí anda o patio...

Te puede interesar