Opinión

Esto é jauja

Carlos Solchaga, aquil navarro ministro de Facenda co PSOE, dixera que “as Españas eran o mellor sitio pra se facer rico” en poco tempo . E recoiro se tiña razón. Estamos a vivir o maior aldraxe, e a meirande infamia e ratrocinio desta partitocracia que padecemos. ¿Pra cándo unhas listas abertas ao Congreso?

Tiñan razón os dous ministros/as do PSOE: os cartos públicos non son de niguén. Son dos que os rouban. O Partido Popular, PSOE, IU, UGT, CC.OO., empresarios, teñen como lema o que din os nosos mariñeiros: “Todo o que cae na rede é peixe”¨.

E a estas alturas da “película” Mariano Rajoy incumple o seu programa electoral ata impedir que crezca a nosa población española non derogando a ley do aborto. Ise método de eliminar seres iñocentes nunha demostración de “progresía” e agora pide perdón. Non, señor Rajoy, logo das falcatruadas dos seus compañeiros de partido, e de incumplir as promesas o que hai é que dimitir.

Claro que ¿lembran cándo Felipe González e Cia puxéronse ás portas da cárcere de Guadalajara pra protestar polo encarcelamento de Barrionuevo e Vera? Felipe non soio non pediu perdón por secuestrar, asasinar e roubar da súa xente, adoptando unha actitude altaneira.

Como Alfonso Guerra, que cando expropiaron Rumasa, pariu aquela frase lapidaria: “To pál pueblo”. E fiséronse ricos coa venda de Galerias Preciados e de grande parte dos bens dos Ruiz Mateos, que dito sexa de paso, tamén o levan quentiño, como dí a dona do forno de meu benquerido pobo de San Pedro de Moreiras, cando despacha o pan noso de cada día.

A amoralidade que campa nunha grande parte da sociedade española, non inmoralidade, que eso podémolo ser calqueira de nós. Pois nestas estamos. “Y lo que te rondaré morena”. Pois esto e Jauja. O demo me leve...

Te puede interesar