Opinión

Los monaguillos primero

Corrían os tempos da dictadura -anos cincoenta- cando o Conde de Barcelona mandou ao seu fillo Juan Carlos de Borbón a estudar ás Españas da man do Generalísimo Franco. Contoume un correlixionario, Álvaro D'Ors, que o chamaran da Casa do Xefe do Estado pra que fora, con outro fato de profesores, a facer de tutores de Juan Carlos. Mais o noso carlista D'Ors negouse en redondo aducindo que a súa ideoloxía impedíalle ese traballo.

O Conde de Barcelona vivía en Estoril (Lisboa-Portugal) a conta, según dicíase nos conciábolos madrileños, de banqueiros e aristócratas, xa que logo aparentaba non ter moitos recursos. E eiquí había o Carlismo que fora dos vencidos no grupo dos vencedores da Cruzada de 1936. E tiña como líder a Carlos Hugo de Borbón-Parma, que dixera na súa primeira aparición clandestina no Montejurra de 1957: "A monarquía non nos interesa por se mesma, senón como solución aos problemas de España". Logo Carlos Hugo foi tolerado polo Generalísimo a vivir nas Españas, percorréndoas de norte a sur e de este a oeste.

Tamén había un fato de aristócratas alfonsinos que patronizaban a Alfonso de Borbón e Dampierre, fillos dun irmán do Conde de Barcelona, Jaime de Borbón, que era tatexo. Franco "xogaba" cos tres príncipes, pra esí frenar as aspiracións do Conde de Barcelona. Este Borbón casou cunha neta de Franco.

A Juan Carlos respaldábano xentes do Opus Dei: Carrero Blanco, López Rodó, etcétera. Ao Conde de Barcelona, Juan de Borbón, apoiábano Satrústegui, Areilza, o Conde dos Andes (seu secretario particular), Luis María Ansón, Gil Robles, e algúns dos dirixentes republicáns no exilio.

A Falanxe estaba contra Juan Carlos. Berrábanlle cando ía a algún acto social: "Non queremos un rey imbécil". Mais a Falanxe deixou de ter poder político e sobor de todo económico cando Franco, infuído por Carrero Blanco, meteu no Goberno a López Rodó, López Bravo, Ullastres, e un longo etcétera de opusdísticos que se levantaban co santo e coa esmola, arrinconando aos falanxistas a meros "palmeros" en concentracións pra apoiar ao Movimento.

Logo estaban Fraga, Solís, Torcuato Fernández Miranda, Adolfo Suárez dende a TVE da que era director e Cebrián con Arias Navarro. Mais Franco declarou Reino as Españas: Monarquía tradicional, social e representativa. E xa, logo da morte de Alfonso de Borbón esquiando nos EE.UU., e a expulsión no 1968 da dinastía carlista, pois Carlos Hugo levaba tras íl a universitarios e obreiros, Franco declarou a Juan Carlos e a súa dona Sofía de Grecia príncipes de España, o cal sentoulle moi mal a moitos monárquicos e ao seu pai, o Conde de Barcelona, ata o punto de que se deixaron de falar ao considerar Juan de Borbón que o seu fillo camiñaba cara a Coroa marxinándoo, xa que íl se consideraba o rey lexítimo das Españas.

Á morte de Franco, Juan Carlos, asesorado por Torcuato Fernández Miranda, que foi o verdadeiro artífice da transición, esquecendo súa militancia falanxista e escollendo a Adolfo Suárez pra pilotala. Suárez, logo de lle dicir a un bo fato de xenerais do Exército que non legalizaría ao Partido Comunista, na Semán Santa de 1976, dacordo con Felipe González, Mario Armero e Martín Villa, legalizou o PC. O que veu despois xa o coñecen moitos: Suárez creou a Unión de Centro Democrático, gañou as primeiras eleccións, nas que non deixou participar a ORT e mailo Partido Carlista que tiveron que agardar ás segundas eleccións pra se presentar.

Pilar Urbano, unha grande xornalista do Opus Dei -está hoxe nos primeiros postos de listas de venta de libros co seu, onde escribiu como Juan Carlos pegoulle un corte de mangas a Suárez -inda que a familia deste négueo-, e Suárez presentouse co CDS, que sacou moi poucos deputados e entón retirouse da política montando un despacho como abogado ata que enfermou.

Din nos mentideiros madrileños, e algún xornal fíxose eco, que Juan Carlos "herdou" do Conde de Barcelona máis de mil millóns das antigas pesetas, o cal non se corresponde con aquela milonga que nos contaban de que en Estoril vivía das axudas dos banqueiros e aristócratas.

Juan Carlos tivo -obligado- unha actuación magnífica, a úneca a meu xuizo, o 23-F ao parar o golpe de Tejero, Miláns del Bosch e Armada. E agora abdica no seu fillo Felipe nun momento en que as Españas están cun clima social que reventa institucións e leises. E cando seu xenro Iñaki Urdangarin, casado coa súa filla, están empapelados pola xustiza por delitos gravísimos, eiquí nestas Españas onde a corrupción e o pan noso de cada día. Pois como lle dixo o papa Francisco na visita que lle fixeron Juan Carlos e Sofía no Vaticano: "Los monaguillos primero".

Te puede interesar