Opinión

Pobres touros

A festa de touros, que non festa nacional, senón que internacional: As Españas, Francia, Colombia, Perú, Méjico, Venezuela... onde esta festa sin igual no mundo. Unha festa que foi apoiada por Gregorio Marañón, Pérez Ayala, Valle-Inclán, Hemingway, e un longo etcétera.

Na isidrada madrileña, cando escrebo estas dolidas liñas, tense que suspender a corrida, pois nos tres primeiros astados foron collidos de consideración tres "jabatos" toureiros que deixaron o seu sangue na area das Ventas do Espirito Santo.

O toureiro El Gallo brindoulle un touro a don Ramón María del Valle-Inclán, ó noso paisano ilustre, dicíndolle: "Va por usted, don Ramón". Ao que o grande escritor e poeta, respostoulle: "A usted sólo le falta morir en el ruedo para alcanzar la gloria". E El Gallo sorrindo díxolle: "Se hará lo que se pueda, don Ramón".

Quen enriba firma respeta, ¡faltaría máis!, a quenes non lle gusten os touros. Pro o touro é un animal que pola súa bravura e coidado con "algodóns" ata que loita na praza fronte á intelixencia dun artista e dominador da besta.

¡Que nos respeten a quenes defendemos esta festa!, que como dixera Camilo José Cela, cuando inaugurou o novo coso coruñés: "¡Por fin llegó la cultura a Coruña!". Esí, pois, un respeto pra esta festa sin igual no mundo enteiro.

Te puede interesar