Opinión

Pódevos de acordo

A chegada á secretaría xeral do PSOE segue a liña zapateril-rubalcabista. Pedro Sánchez dí que desexa reformar a Constitución pra facer das Españas un Estado Federal. Os cataláns comandados por Miquel Iceta ven posibel un acordo con Convergencia i Unió pra desplazar a ERC e ven posibel unha consulta legal. Outros, os da vella garda, queren seguir como ata agora con Estado das Autonomías.

Deixado a un lado a consulta que convoca Artur Mas que bastante ten co tema Pujol, habería que lle perguntar a Pedro Sánchez de que Estado Federal nos fala. Pois tanto na Alemaña, EE.UU., México a Confederación Helvética..., ningún dos cales é igoal ao outro.

En México o artículo 2 da Constitución di: "A nación mexicana é úneca e indivisible". E tamén no Brasil no seu hino cantan: "Brasil, patria amada". Na Alemaña -o Estado Federal- non se admite máis que unha nación. Alemaña na que os Land gozan da condición de verdadeiros estados máis nas súas celebracións lucen a bandeira común e entonan con fervente emoción o seo hino.

Nos EE.UU. que teñen nada menos que cincoenta estados son gobernados por políticos elexidos directamente pola ciudadanía pro unaha nación úneca, chea de patriotismo como podemos ollar nas películas a bandeira que aparece ata na sopa.

Resumindo, hai moitos estados federales pro cada un coas súas características e leises diferenciadas, pro xunguidos nunha "patria" común. Eiquí nas Españas os nacionalistas non queren o Estado Federal, pois o actual Estado das Autonomías é un acordeón que cada quen barre pra sí (Catalunya a primeira), inda que na nosa Galicia o grande Castelao defendía o federalismo, cousa que moitos calan. De eí que o Pedro Sánchez ten que nos presentar o modelo federal que quere pra que a súa militancia e mailos españolitos sabiamos a que aternos. Pro sempre baixo o axioma político da solidariedade. E nada de asimetrías.

E remato con aquelo que me constata meu bo pai, que o director dunha banda de múseca díxolles aos seus compoñentes: "Bueno que a madeira desafine, pasa. Que o metal sexa estridente, pasa. Que o do bombo entre a destempo, pasa. Máis, carallo, tocade todos a mesma peza".

Pois eso señor Sánchez, señor Iceta, señores da vella garda, pódevos de acordo, porque senón outros pola esquerda e pola dereita vanmos mallar nos comicios.

Te puede interesar