Opinión

Rubalcaba

Non sabes Alfredo Pérez Rubalcaba a pena que sinto de que te vas en setembro. Poideches facelo logo dos dous desastres do PSOE nas xerais e nas europeas.

Non sabes o que o sinto: tí que mentías coma ninguén con Felipe González cando o tema dos GAL. Tamén no do Caso Faisán, onde lóxicamente tí non tiveches nada que ver, xa que logo eiquí a Xustiza -con maiúscula- e igoal pra todos.

Non sabes Alfredo o que ímos a te botar de menos, coa túa letanía contra o PP que tiña a culpa de todo. Home, culpa de moitas cousas que están a pasar téñenas os da gaivota, sobor de todo Rajoy. Pro todo, todo..., deixa algo pra Felipe, que secuestrou, matou e deixou roubar e non sei si íl tamén o fixo.

Non o sei. E do Zapatero, que che vou a contar que ti non sai- bas. Pois sabes máis que os sufridos contribuíntes que paga- mos relixiosamente.

Home, agora que o PSOE está ao borde do abismo, é unha mágoa que te vaias. Ti que fuches o mellor mintireiro das Es- pañas, non nos deixes Rubalcaba, que dando clases de quí- mica non podes mintir como o fixeches como político. Dixera Descartes -sabes quén foi?-: "A menudo e preferibel unha falsa alegría a unha tristeza cuia causa é verdadeira".

Non te vaias Rubalcaba, que niste circo político domesticado eras o rei. Pro cando abdican os reises ti non queres ser menos.

Ata sempre, e non volvas... 

Te puede interesar