Opinión

Sr. Rajoy, ¡non!

Mariano Rajoy Brey e un político que pasará á historia por haber feito de contable da señora Merkel e do FMI. E quere imitar ao desaparecido -en boa hora- Pérez Rubalcaba, inda que este facíao con máis "cinismo". Tal pra cual...

Do seu programa electoral, Rajoy incumplia a reo, agora coa lei do aborto, que os sociatas e comunistas maquillan chamándolle "interrupción do embarazo".

Dicía Francisco de Croisset que "a mentira é un feito concreto; pero admite variacións. Os que minten por divertir aos demáis son poetas. Os que minten por egoismo ou por cobardía son farsantes. Os que minten por boa educación son homes de mundo. E os que minten por placer de mentir son os auténticos mentirosos". Deixo ao amable lector que lle aplique o calificativo -ou varios- ao Rajoy.

Hai que defender a vida dende a súa concepción. Non se pode matar a un ser indefenso e iñocente. Non se pode matar endexamáis a ninguén. Pois o Rajoy mentíulle ao seu electorado ao pregoar que ía quitar a "Lei Aido" e defender a vida, o cal levou moitos votos de xentes decentes, sexan crentes ou non o sexan.

Vostede, señor Rajoy, é un mintirán que pon cara de persoa seria pra logo pasarse polo arco de triunfo as promesas que lles fixo a quenes era potencialmente seus votantes. Que Deus o perdoe que moitos españolitos non o farán.

P.D.- Escocia segue a ser parte do Reino Unido, xa que logo: "Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale". Dícia don Alvaro D'Ors: "Os esperimentos con gaseosa". Se un servidor fora Rajoy deixaría aos cataláns que votaran, Barcelona é bona cando a bolsa sona.

Te puede interesar