Opinión

Vaia veraniño

Sí, primeiro foi a elección de Pedro Sánchez como secretario xeral do PSOE. Arroupado pola Susana Díaz -¡que non fie dela!- e equí na Galicia, menos os militantes ourensáns do PSOE da capital, aos que Deus lles conserve a vista. Que quen esto escrebe non atopou a ningún deles na Xunta Democrática. Estaban ben escondidiños, recoiro...

Logo chega o ex-molt honorable Jordi Pujol, ao que quen esto escrebe coñeceuno na visita que fixo a Ourense, concretamente á Deputación, onde un compañeiro e asemade amigo -xornalista íl- díxome: "Manolo, este sí que é un home de Estado". Eu calei pra non liala.

Pois agora dí que en 34 anos non tivo tempo de nos dicir que tiña unha millonada "herdada" do seu pai, que foi banqueiro, na Andorra la Vieja. E co íl a súa dona Marta Ferrusola, supernumeraria do Opus Dei, ou sexa, que como os do PNV, iste matrimonio mexan auga bendita. E con iles a súa recua de fillos que todos imitarono a iste "home de Estado", e que non hai que ser ningún pitoniso pra avanzar que acabarán algúns no cárcere, índa que nas Españas a xustiza vai máis lenta que aquíl tren de vía estreita que coñecín na miña mocedá en Valladolid, que se chega antes camiñando que indo naquíl tren que lle chamaba "o burra".

Pois na Catalunya dos nosos pesares anda o señor Mas -que debera de se chamar Menos- a voltas co referéndum independentista. Contaba un amigo meu -pois un ten a sorte de ter amigos dende a extrema dereita á extrema esquerda: "Un negro de Sudán pediulle ao Noso Señor: faime branco, índa que sexa catalán". E morra o conto, amigos lectores.

Quen enriba firma foi moi amigo íntimo de Don Ramón Otero Pedrayo, que lembro por estas datas estaba a veranear na Santander da súa dona, e escribiume unha carta que conservo: "Amigo Rego, por eiquí, moita xente, moito rumbo, pouca vergonza. Veremos como se presenta a vendima". E tamén de don Vicente Risco e de don Xoaquín Lorenzo, todos iles nacionalistas que souperon amar a Galicia e ensinarnos a amala. Non como a familia Pujol-Ferrusola, uns aproveitados que en nome da Catalunya forráronse a eito. ¡Unha verdadeira vergonza! E como dicía Don Ramón "veremos como se presenta a vendima".

Te puede interesar