Opinión

PAN POR PAN

Eterno Retorno. Xa saben do meu interese polas teorías do Eterno Retorno. O Tempo, nesta concepción antropolóxica, tería un principio e un fin, que pola súa banda xera un novo principio. Na teoría máis estrita do ER, os acontecementos volven a repetirse na mesma orde que xa sucederon, sen variación ningunha. Nietzsche ata planeou a tese dunha repetición infinita das ideas, pensamentos e sentimentos. Penso eu no Eterno Retorno lendo os xornais: volven con éxito Fuxan os Ventos e Miro Casabella e Raimon con concertos en Compostela e na Coruña. Volve o querido Antón Pulido, agora Fillo Pre dilecto de Amoeiro. Ata volve, nas pantallas dos cines, o mito Che Guevara. Tería eu 14 ou 15 anos cando vin os primeiros cadros de Pulido no Museo Arqueolóxico. Naquelas datas unha man agarimosa e intelixente deume a ler os textos do Che: volverá tamén a súa idea do Home Novo?

Te puede interesar