Opinión

Os artistiñas

Aínda se pode oír, cando se conversa con eles, á voz do seu mentor arengándoos: ’¡Veña, artistiñas!’. Grazas a eles aínda nos queda ese lazo, ese cordón umbilical que nos comunica con aquela Atenas de Galicia, que era o Ourense de entón. Aínda a través deles, chégannos os ecos daqueles homes cultísimos, capaces de facer case tantas cousas coma as que eran capaces de imaxinar, aquel Risco, Otero Pedrayo, Xocas... que souberon chegar a aqueles mozos e transmitirlles a necesidade de cultivarse para que a súa arte moi pronto tivera voz propia.


Cando os coñeces, ves algo común a todos: Ese aire de intelectualidade de grupo, esa xeración unida e compartida que -aínda coas súas diferencias-, souberon -co respecto que caracteriza aos homes de honor-, facer a lectura máis amena, máis acertada, máis positiva e máis constructiva de cada un deles, como elemento e de todos como conxunto. Forman un fermoso equipo. Son nosos. Nacidos por un soño, por unha ilusión, e aínda que a veces ’inadaptados’ alimentáronse de entusiasmo e bo facer e, todos eles sin excepción, dotados dunha sensibilidade exquisita que os fixo grandes.


Faltan algúns na foto (pero non o recordo) por eso temos que mimar ós que quedan, porque así estaremos mimando a nosa historia, mimándonos a nós, elevando esa autoestima que algúns queren confundir. ¿Quén dixo que en Ourense non hai talento? ¡¡Que llo pregunten ós artistiñas!! (E posto que seguimos falando deles, ¡permanezan atentos ás súas pantallas!).

Te puede interesar