Opinión

CONTO DE VERÁN PARA A LÚA

Quixemos despedirnos daquela praia na que pasamos tantos momentos felices.Era o noso último día de vacacións alí.Ó caer a tardiña e empezaba a irse toda a xenté era cando máis nos prestaba a nós contemplar aquela posta de sol e escoitar o suave ruxido da marea descendendo, dicíndolle adeus á area o mar, coma se entonase un canto de 'ata mañá amada,volverémonos ver'.Foran uns días preciosos, todo estaba ben. E ademáis alá arriba no ceo aberto sorprendíame a visión espectacular dunha lúa chea e poderosa que parecía decir:'Aquí estou eu , xa chegou a que faltaba. Eu serei a centinela hoxe . Benvidos os namorados, os amantes, os románticos de mar?' E aquí , abaixo, pequenos e diminutos, estabamos nós, meu neno lindo,observando en silencio aquela marabilla que se presentaba tan natural e á vez tan soberana.


-Temos que despedirnos desta praia, Andrés, e darlle a s grazas polo seu agradable sol, pola area suave, pola súa fermosa estampa.Teremos que dicirllo dalgunha maneira.


-Si .Temos que desexarlle boa sorte- dixeches


'Boa sorte'.Esto dábanos unha idea.


-Xa sei .Debuxaremos un enorme trebo na area que quedará toda a noite fronte á lúa mirando a súa grandiosidade. Si , un trebo de catro follas, claro. E todos aqueles que pasen por aquí tamén recibirán esa boa fortuna¿Qué che parece?


Collemos de novo os artiluxios de praia que xa tiñamos gardados para irnos e puxémonos mans á obra, dispostos a excavar a flor máxica que non lle sacara o ollo de enriba a Selene ata que a borrase de novo a altamar.


Rematamos axiña ,porque o noso amigo Alejandro axudounos a decorar os catro pétalos que eran a peza importante, os que portaban aquela clave que significaba:'a quen me mire , boa sorte,'De rebote , a boa onda voltaría a nós ,constructores e ideólogos de tan amable misiva. Quixemos que fora grande ,grandísimo,coas follas ben marcadas e cun talo moi largo que chegara ata a beira do mar para que beberan as súas raíces da fonte salgada.


Xa era noitiña cando rematamos.Estabamos sos, xa non quedaba ninguén polos arredores. A lúa brillaba máis intensa, parecía que chegara ata ela aquela nosa forza emocional, aquela nosa divina flor tallada en barro.


Pero ti, querías ir máis alá da mera creación artística e colocaches, ó lado daqueles pétalos remarcados, un burato bastante profundo que, aparentemente , nada tiña que ver co conxunto da obra.


-É un burato para que a lúa se meta eiquí, dentro dil,e queden sempre xuntos?


Non podías agarrar coas túas mans a lúa nin o seu rielar pero si podías gardala naquela cova de area que construiras.¿Querías notar na punta dos dedos o poder que procedía do ceo?¿Querías que quedaran xuntos toda a noite , contándose cousas dos mellores amigos?


Meu mago, meu meigo, estabas escribindo cos elementos un poema de amor entre a lúa e o trebo,un verso romántico que estalaba como un bico soñador entre dous namorados.Pois alí quedaron na praia solitaria,o trebo ,a lúa e o burato desafiando á noite que xa caía sobre todos.Era a nosa forma de decir adeus, era a túa maneira de pechar outra historia de verán coa túa forma inconfundible de poeta.Marchabas reconfortado,a terra a auga e a luz alimentaban cada latido teu.Dende a orela , o rítmico baile das ondas, lanzábache como un búmeran o seu poema:'Ata sempre, pequeniño, que todo che vaia ben'.

Te puede interesar