Opinión

Día de Reis 2015

Amañece este día máxico no que as Suas Maxestades viñeron á nosa casa para comer as galletas, chiscar a auga e deixarnos algúns agasallos.

Bríllanlle os olliños ós nosos nenos ante os papeis de cores luminosas que empaquetan a sorpresa coa que soñaron toda a noite... Bríllanlle os ollos ós avós -dúas veces nenos- aínda que nada piden e agradéceno todo. Bríllannos a quen xogamos a ser os Magos neste tempo de ilusión e sentimos a ledicia de dar, facendo felices ós demáis. Veñan para todos, neste ano que empeza, o amor incondicional e os mimos de Mamá Saúde e Papá Amor. Que a Señorita Alegría nos seduza a cada paso e que se queden connosco a vivir o Tio Traballo e Tita Esperanza. Todos coidaremos como merece o Bebé Entusiasmo que nos nace cada ano renovando a nosa ilusión pola vida e a maxia do noso fogar. Feliz ano! 

Te puede interesar