Opinión

Eligio, o acordenista de Moura

Moura terá sempre música no corazón gracias a ti, Eligio. Como ben indica o teu nome, escollido fuches polos deuses para encher a túa familia, a túa casa, o e teu pobo da brillante luz do teu ser. 

Hoxe cumpres 90 anos e podemos dicir de ti que es un home honesto, traballador, alegre e amante. O mundo dos negocios sempre foi o teu, como ti dis “teño espírito negociante”. A túa forza e valor, os teus coñecementos aprendidos na mili co teu capitán médico fixeron de ti un practicante exemplar, un pequeno médico que lle poñía as inxecións ós veciños (a calquera hora da noite) e facíaslle as curas de maneira tan sabia que ningún punto dos que ti cosiches se infectou nunca. Mans de santo e ollos de cirurxán. Pero foi a música, Eligio, na que, co teu xenio autodidacta, aprendiches a sacarlle ó acordeón as melodías máis lindas e alegres coas que facías bailar ó pobo enteiro nas festas, nas prazas, e tamén no templo de todos que foi aquel noso bendito bar. Ensaiabas entre os castiñeiros, xovenciño e entusiasta, soñando xa co amor da túa fermosa dama. Axudando sempre, atendendo sempre, sempre humano e cariñoso, por algo Deus te premiou á hora de elexir a nai dos teus fillos, esa flor que vive contigo e a quen respectas e queres tanto, pois es fiel e fervoroso namorado. 

Que sorte unha vida onda ti! Que felices os teus, e cantas grazas debemos darche por inculcarnos os valores que son o verdadeiro legado das boas persoas! Que sorte vivir contigo! Poder sentir o que dis cada día, o que cantas, o que ris -ou choras- recordando, beber as ensinanzas que nos lanzas coa túa experiencia da vida. 

Música e amor es ti, Eligio Sánchez. Noventa anos hai que naciches daquel pai venerable e aquela mamá que dicía de ti: “Non hai corpo máis bonito co do meu neno”. E eu , a túa orgullosa filla, digo: “Nin alma máis preciosa, papá, nin alma”,

Todos queremos seguir disfrutando de ti. Felicidades e grazas por existir!

Te puede interesar