Opinión

MANUEL VIDAL: 'NACER E VIVIR NO CAMIÑO DE SANTIAGO'

Da súa man percorremos o Camiño de Santiago indo cadro por cadro. O Centro Simeón, amplo e luminoso, é o espazo sen tempo onde nos perdemos para atoparnos. E alí está o guía: Manuel Vidal. Os ollos brillantes, a man agarimosa, sorriso cálido e barba de sabio. Non podía ser doutra maneira. Así que emprendemos esta nosa ruta particular, na que descubriremos que é importante saber a onde nos diriximos e por que. Cada cadro vai ser unha ventá ó cosmos, un lugar real ou idílico, dá igual, pois nesta senda con Merlín todo está permitido. Pero o mestre, que sabe moi ben o que nos quere ensinar, insiste en que eduquemos os ollos, a mirada debe ter memoria para xogar ó cromatismo. Así que desenvaina -coma se fora unha espada- a ensinanza que o fai creador destas magníficas obras e tamén docto transmisor dos coñecementos máis importantes, e dinos: 'O ollo do pintor ten que saber descompoñer a cor'. Esta é a súa maneira de comunicarnos que non hai que camiñar sen máis, nin dar pasos de cego, senon 'contemplar'. Comprobamos ó momento que se a pupila é aleccionada polo sabio, o que vemos é máis fermoso ¡que marabilla! Xa podemos seguir confiados en que vai ser un camiño de búsqueda e de encontro. Soñando imos xa co son da Berenguela? O silencio acompáñanos por vieiros de carballos, sendas sinuosas, asubios doutros peregrinos que veñen de Italia ou de Holanda, daquel que chega dende Alemaña e segue ata Sevilla pola Ruta da Prata. Cantan os paxariños e aniña en nós a plácida e suave brisa que nos fai sentir elevados, curados, redimidos por nós mesmos. ¡É divino estar eiquí! E cando o artista do pincel observa o noso rostro transfigurado polo encanto da natureza e do espírito susúrranos a consigna: 'Recorda: tés que crear un mundo propio'. El soamente di esto, pero eu leo na súa boca, invisibles, outras moitas palabras: esplendor, sutileza, maxia, todo flúe?


Camiño un pouco máis mentres un sendeiro novo se abre hacia dentro en mín, como un horizonte amplo e infinito que non coñece a fin. Lavareime na fonte poderosa que limpa as mans e renova as ansias e chegarei á casa -a mín mesma? da man do mellor guía que eu poidera soñar, sentareime na solaina dende a que se ve poñer o sol, e a paleta dun pintor será o meu fogar mentres unha voz reza: 'Casiña vella dos meus recordos?'. Chegar a Santiago é volver a mín e descubrir que arde de amor o ceo de Compostela, que as torres da Catedral son Disneylandia e o seu brillo nocturno procede do ardor e a paixón que emana a estrela deste humanista que te leva ó teu camiño interior coa mestría dos magos.

Te puede interesar