Opinión

PETICION POÉTICA PARA OS REIS MAGOS

En cada home, unha razón de existir. En cada país, un obxectivo común. En cada idea, unha luz, e en cada luz, unha flor que anuncie primaveras. En cada enunciado, un compromiso, e en cada berro, unha canción.


Quixera unha oración que soara a rima, ó romantismo dun bico prolongado, entrenzado co amoroso trazo co que o pincel da dozura unxe a aqueles que a persiguen sempre.


Quixera un pano branco que secara todas as bagoas e se convertera en pomba de repente? e que empezara a voar, lonxe, atrevida, segura de si mesma, borracha de presente.


Quixera unhas ás para ti, que che gusta voar, e uns patíns para ti, que che gusta ir ó ras da terra como a un tren?


Quixera para ti un océano pequeniño, pois encántache nadar e sentirte nun ventre de auga outra vez, para recordar que así estiveches alí, naquel lugar rosado no que te mecía o mar. Quixera para ti un banquiño de pedra, para que contemples a vida que transcorre, que anda e corre e vai e ven, e observa a túa paciente espera mentres a miras pasar. Quixera para ti unha frauta máxica coa que gañar a vida facendo amigos, mil moedas de ouro quero eu para ti, para que non teñas que pedirlle a ninguén que che regale aquelo que che gusta. Para ti o Corno da Abundancia, para esas túas mans de artista sempre abertas e amigas de dar. Por esa túa entrega día a día -case infinita- mereces un castelo encantado no que vivas como o príncipe azul ou a fermosa princesa.


En cada abrazo, un desexo. En cada paso, un motivo. Na túa boca unha amorosa palabra, e nos teus ollos o brillo de Venus. En cada neno, unha risa. En cada vida, un amor. En cada instante, unha supernova ? toda encendida- elevándose e abrazándonos, tecendo maxias con celestial colorido, facéndonos sentir que somos unha alma empapada de eternidade. Feliz ano.

Te puede interesar