Opinión

OS SUAVES

Poderían parecer duros pero son sensibles, a súa irreverencia é amable. A cada frase, a súa sonrisa de regalo, trascendente; a cada golpe de guitarrra, un acorde máxico para que se curen os corazóns das doenzas de amor, das soedades, dos desencantos, porque eles queren que se tome conciencia dende a tristeza e se voe hacia a alegría. ¿Por que será? Sempre nos seres grandes arde esa luz, a luminosa alegría que te conquista e te fai sentir próximo, familiar e cómplice de quen a luce. Os Suaves son nosos, e nós estamos neles representados.


Eles expresan con paixón de rock esa beleza ancestral que se respira en Ourense, esa cálida e fervente Burga que nos axuda a medrar, a buscar o noso sitio no Cosmos, a recuperar cada día esa ilusión coma se fora a primeira vez -ou a última-. Eles captan ese Ourense pequerrecho e artistiña polo que aínda corre o sangue da Atenas de Galicia, e lévano polo mundo para que sexa visto, querido e admirado, convertíndoo en disco que xira e xira, roda e roda, alcanzando as mellores ventas no mercado?


Un grupo, un equipo, 'los de la banda estamos aquí', porque todos somos desa banda que é dura porque ten que loitar, pero suave porque quere sentir. Teñen algo -indiscutiblemente- para chegar tan alto, 30 anos de amor á vida, pero téñense sobre todo a eles mesmos: un equipo que se respecta, admitindo as diferencias, que se admira e se valora, que se sabe automotivar incansablemente, que quixo entregar o mellor de si e conseguiuno. Aí está a cidade ante vós, aclamándovos, entendendo que vos debe algo que non se pode expresar con palabras, admirados Suaves, porque definides como nadie o 'inefable'. Felicidades.

Te puede interesar