Opinión

OS TEMPLOSDO SABER

Volve empezar o curso, meu neno lindo, e os colexios ?que, para os que amamos a cultura, son Templos do Saber- abren de novo as súas portas para acollervos a ti e os teus compañeiros.Con eles camiñarás. A través dos seus ollos verás algunhas cousas, outras cos teus que xa buscan a luz propia.Eles serán colegas e compinches ás veces, outras veces admiradores e algunha vez tamén seres admirados por ti , pois buscarás o alimento no que te rodea igual que bebiches do leite quente de túa nai . Igual. Todo se prepara para vós: xoguetes acordes á idade, os pupitres á medida, a pizarra, os libros de divertidas ilustracions, as instalacións para o deporte e o recreo?E por se eso fora pouco haberá unha mestra ou mestre, cualificada e especialmente preparada para atender as vosas dúbidas, atenta as vosas inquedanzas. Será quen te motivará e canalizará ,quen saberá guiarte con indiscutible vocación pola marabillosa senda do coñecemento, pois é coñecedora do segredo que é básico para vivir:'aprender a aprender'.Ningún lugar mellor para vós podemos desexar os pais, en ningún sitio do mundo se podería acumular tal cantidade de experiencias tan vitais e necesarias para a vosa formación. (Bo é que saibamos agradecer,unha vez máis o labor , o traballo, e o bo facer dos bos mestres, e de todo o positivo que eles lles aportan ós nosos fillos.)


Ábrense os Templos do Saber, meu neno lindo, e como paxariños as vosas voces resoarán de novo no patio de xogos. Os mestres, responsables, sosegados e atentos, cravarán a súa mirada en vós analizándovos. Os pais ,outra vez máis coa emoción no peito, susurraremos-cunha bagoa presentida- aquello que mil veces lle oimos ós nosos pais':¡un ano máis? como pasa o tempo!'E felices e tristes á vez, cruzaremos o patio -torpes e despistados- pensando en vós, pequeniños, desexando con tódas as forzas do noso corazón que o curso sexa próspero e luminoso,igual co brillo da túa risa sucando o aire, meu neno lindo, igual co amor.

Te puede interesar