Opinión

Os xóvenes de Aturuxo

Jóvenes, éramos tan jóvenes/ soñaba yo y soñabas tú/ y fue la verdadera razón/de mi vida nuestros sueños sin temor'. Veu a mín o recordo desta preciosa canción -e canteina baixiño- no momento en que eles ían aparecendo, enchendo o escenario. O soño de un contaxiando a moitos, o soño dun director-escritor, coa súa batuta de nácar, guiando a todos aqueles mozos e mociñas que xogaban a vivir. Sempre é un pracer asistir a representación deste grupo tan noso: Aturuxo. Sempre é un gusto comprobar a boa sintonía que desplega un home tan profesional e tan humilde como Javi Millán que pode citar a tantos ?25 actores e actrices- espíritos soñadores. ¡Bravo amigos! Así se demostra o que valedes, con ilusión, entusiasmo e acción.


Esta é a nosa xente. Noraboa a todos, a esas chicas impresionantemente bonitas, a eses cabaleiros que as adornan, a Pepe Ruipérez -actor dos pés á cabeza- (¡gracias por ser o meu elegantísimo Cervantes na Feira do Libro!) e noraboa a Javi Millán que, coma sempre, amigo, melloras a cada golpe de obra.


Moitos éxitos en Madrid, no teu teatro no cine e na tv, ¡merécelo dende hai tempo! ¿Cantamos? 'Jóvenes, somos aun tan jóvenes/ el tiempo sigue sin pasar/ y son tus besos y tus recuerdos/ que hoy vuelven y que guardan nuestro amor'.

Te puede interesar