Opinión

Misterio

Dende vai moitos anos, cunha frecuencia máis ou menos semestral, veño recibindo a través do correo cartas nas que unha empresa de Bobadilla del Monte (provincia de Madrid) me invita, “sin ningún compromiso”, ao acto de presentación dos seus produtos. Uns produtos dos que na convocatoria non se fai ningunha aclaración, figurando pola contra, con todo o detalle, a relación de agasallos dos que se me fará entrega, “tan solo por asistir”.


Como ata agora me levo resistido a tanto favor, na súa última carta (e sempre na procura do meu ben) optaron por empregar un ton cominatorio por ver se así me convencían dunha vez. “El pasado mes presentamos las últimas novedades. No sabemos porqué usted no asistió. Por tanto, es su segunda y última oportunidad”.


Qué tal. Máis eu, por natural desconfiado, nin con esas. E o caso é que non sei se non estarei a cometer un erro con tanto receo. Téñenseme ofrecido, como agasallos, carteiras de man, reloxos de todo tipo, televisores de distintas polgadas, ordenadores persoais, impresoras, cámaras fotográficas, teléfonos móbiles, cafeteiras tradicionais e modernas, vaixelas de marca, libros, equipos de música, sortellas con brillantes, secadores do pelo, colares de perlas...


Tanto, tanto, que penso que tería como para montar unha tenda, aparte outros proveitos. Vexan, se non, o que me ofrecían na última entrega: un exclusivo pañuelo de seda, un bono de dos billetes de avión (ida y vuelta) gratis para viajar dos personas a Roma; París o Londres. Y si viene acompañado de su pareja: la famosa plancha vertical a vapor de la tv; una exquisita paleta serrana; un selecto lote especial de conservas (mejillones, atún, sardinas, pulpo, bacalao, calamarares, caballa). Puede invitar a un matrimonio amigo que recibirá los mismos regalos. Ata aquí, por máis que pareza desvarío, todo normal. Pero había na última carta outras cuestións que, ao meu entender, lle metían bastante misterio. Por un lado, o “matrimonio amigo” tiña que ser maior de 45 anos. ¿E por que non un maior de 30, ou de 35, ou mesmo de 44? Quén sabe.


Outra cuestión, “Cada pareja que nos enseñe 50 euros (solo enseñarlos, sin dejarlos en prenda) recibirá un regalo sorpresa que no olvidará”. ¿En billetes ou en moedas? Detalle moi importante, do que nada dicían. Tampouco aclaraba a información se, en lugar de un billete de 50, a parella lle ensinaba nove billetes, ¿corresponderían eles con nove regalos sorpresa? ¡Eh!


Máis dúbidas, ¿quen lles daría a miña dirección? ¿Qué valores verían en min para que, sen pedilo, me incluísen nunha lista de persoas VIP, merecedora de tanto favor? Cuestións todas estas que, por moitas voltas que lle levo dado

Te puede interesar