Opinión

O alcornoque con placa pedigrí

Parece ser que o alcornoque se reproduce por semellas (belotas), sen necesidade de sometelas a un período de estratificación. O certo é que non é esixente en auga; basta regalo cando o substrato seca. E a poda dos novos brotes se debe efectuar a finais de primavera ou principios do verán. Deduzo, ¡a cronoloxía obriga!, que os mandatarios político socialistas de Ourense, aínda tan xenerosos eles, nin plantaron o alcornoque de catrocentos anos, ni xamais foron a regalo e de podas non hai indicios; a pesares de que neste ano estamos en temporada.


Pero a humildade, modestia e a tranquilidade do alcornoque, víronse de súpeto alteradas cando o que cría era, que se ata as ditaduras e inclemencias de toda condición o habían omitido durante centos de anos, non ía ser agora cando se acordaran del; nin pór ao seu carón nomes de políticos, para maior gloria deles. En tempo de poda, a falta de tesoira na man, dúas autoridades políticas rendéronlle homenaxe -¿ou se autohomenaxearon?- descubrindo unha placa cos nomes dos insignes, nun monolito de pedra ao carón do tronco da árbore. ¡Seguro que non vai perdurar tanto como a árbore!


Hai quen non mira a realidade, porque pensa que a realidade é el. E aínda que ao gobernar apréndese a pasar da ética dos principios á ética das responsabilidades, non se comprende a conto de que principio, ou responsabilidade, se coloca unha placa nominativa ao alcornoque; como se puido e aínda se pode facer coa Ponte Romana. ¿Polo alcornoque?, ¿pola súa lonxevidade?, ¿para festexar o Día Mundial...? Ou ¿unha escusa para ter unha placa máis?. O dogmatismo máis perigoso é os dos principios.


A política moitas veces ten o dubidoso gusto de abonarse aos feitos facilóns, ¡e oportunistas!, na procura de caer en 'éxitos' cara a galería, dificilmente explicables. ¿Qué aprendeu da política?, lle preguntaron a un político: Un modo máis sinxelo de celebrar as cousas. A vida é aquilo que che vai sucedendo mentres un se empeña en facer outros plans; por exemplo, pór unha placa nominal, sen saber a conto de que ou o seu motivo. Ao mellor é unha forma de agradecer que siga dando sombra, que quen a boa árbore se arrima, tamén boa sombra lle cobexa.


Que a falta de pan, teñamos circo, e este dispoña de distintivo de calidade, resulta unha boa maneira de perpetuarse na historia; pero vaian a saber se o alcornoque que estivo aí tranquilo, crecendo, defendéndose e resistindo centos de anos, agora se asusta ao ver tanta xente importante ao seu carón e agora acompañado dun monolito. E ¡homenaxeándoo! os que nada tiveron que ver coa súa lonxevidade.


A realidade son perspectivas múltiples. E cando se busca unha, case que caemos na máis vaidosa das realidades. Quizais, porque os homes, non poden soportar demasiada realidade.

Te puede interesar