Opinión

A forma do seu zapato

Coa ‘forma do seu zapato’ se están atopando. Pero ¡nos abrangue a todos!, xa que pola repercusión pública e indesexable polémica, estanlle restando credibilidade a política. De seguro que a frase parece máis expresiva en castelán que en galego; ao meu entender é máis significativa a expresión ‘con la horma de su zapato’, que ‘con a forma do seu zapato’. Pero sexa ou non parecido, ao que me quero referir, tento dicilo explícitamente entendible: a política de coalicións e de pactos é a arte de levar o zapato dereito no pé esquerdo, sen que saian calos. Prospera a censura contra a alcaldesa socialista de Silleda, sae elixida nova alcaldesa unha compañeira de filas e, se supón, de ideas: a culpa é do PP.


Pasado o ecuador do mandato municipal, xa no é que broten calos nos pés dos discípulos dos prebostes que se dedicaron a impoñer, potenciar, xeralizar e bendicir pactos municipais sen ter en conta as idiosincrasias moi particulares de cada concello, cada un unha realidade distinta. Xa non collen os pés dos zapatos, por calosidades bilaterais. Froito das imposicións do Pacto do Hostal, onde, arredor dunha mesa, o vicepresidente da Xunta bipartita máis o presidente crearon as instrucións a impoñer aos concellos. Ímpeto dun bipartito con obxectivo acaparador. Derrubado o bipartito, xorden os lodos daqueles pos. Uns vanse para casa, outros abandonan as filas e hai os que se enfrascan en aventuras.


Tocaron a rebato con pactos aos que bautizaron de progreso, que só trouxeron regreso aos cidadáns e quebradeiros de cabeza aos xefes de filas. Os castelos de naipes, fabricados á sombra do bipartito, véñense abaixo. O primeiro é buscar culpables no adversario, e non ver nada de maldade propia. ¡Mecachis!, non ser quen de neutralizar aos seus. Ou non é certo que, desaparecida a imposición bipartita, o que máis e o que menos colle as de San Quintín. Pero a culpa é do PP, coma na canción.


Se se medira o grado de transfuguismo segundo calosidades dos pés, non só en dureza senón tamén en tempo de aguante, os pactos do bipartito son extremadamente fráxiles; comezaron a acudir ao calista no momento mesmo da imposición do Pacto do Hostal. Resisten máis os alcaldes con calos nos pés, que os alcaldes froitos do pacto do bipartito.


Un dos consellos de Maquiavelo para conservar un Estado conquistado era conseguir a súa ruína. Tamén hai quen só lle pide a Deus que o inxusto non sexa indiferente; e se un traidor pode máis que uns cantos, que eses cantos no o esquezan fácilmente. ¿Cando os prebostes das alturas se darán conta que hai que esixirse moito a un mesmo e esperar pouco dos demais? Así se aforrarán moitos desgustos.


(*) Deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia

Te puede interesar