Opinión

Tensión, diálogo, acordo

A táctica intenta raiala perfección interesada. É a mellor mostra para ir abrindo paso a unha decisión tomada, pero non exenta de esixencias previas por aquilo de disimular e alcanzar credibilidade. O BNG vai aprobar os Presupostos Xerais de Estado, diso que non lles quede a menor dúbida. Pero o seu guión ten os pasos, de antemán, seleccionados: primeiro tensión, logo diálogo e máis tarde acordo. E o fai así porque, cando facer política consiste en mirar a rendabilidade partidaria, as formacións políticas necesitadas obedecen máis a súa propia necesidade que a razón.


De nada van valer esixencias como que os Presupostos terán que recoller incrementos dos ritmos das inversións, ademais de políticas sociais e, dunha vez por todas, financiación para a Dependencia; ou tentar alcanzar, definitivamente, as transferencias das competencias xa hai tempo pactadas, e mesmo as de tráfico. Aínda que, a dicir verdade, todo moi lexos daquelas cacarexadas reivindicacións de Quintana -de cando non era parte do Goberno galego- dos 21.000 millóns de débeda histórica, que despois de tres anos se converteron na historia dunha débeda. Pero apoiaron os Presupostos da última Lexislatura e aprobarán estes. Hai que facerse ver, saíndo na foto; e para iso é máis eficiente apoiar, dando a sensación de diálogo conquistador que consegue o que se pide. Aínda que o final resulte unha partida complementaria, que ninguén sabe a onde foron a parar as dos anos precedentes. Iso si, sempre a base de tensión, diálogo e acordo. Se, xenericamente, o que reclaman os nacionalistas galegos dos Presupostos é que o Executivo cumpra os compromisos con Galicia, ¿qué mellor iniciativa previa que espetarlle un corretivo polo incumprimento dos acordos, froito das negociacións anteriores?: a financiación para o desenrolo da Lei de Dependencia foi e segue sendo un fiasco, transferencias bloqueadas, denegación de 240 millóns comprometidos para a sanidade, subcomisión de seguimento de infraestructuras non aceptada, o Presuposto 2009 para Galicia é o equivalente ao non executado na derradeira lexislatura, débeda histórica esquecida... ¿Quen da máis? Se como reflicten as informacións, na primeira volta da negociación os dous deputados nacionalistas pediron que o incremento na partida presupuestaria destinada a Galicia no 2009 alcance o 8% do total para corrixir o déficit existente, a amnesia apoderouse dos nacionalistas. O primeiro sería calcular o non executado da lexislatura anterior, e que voou para alcanzar acordos máis alá de Galicia, para despois sumarlle aquel 8 por cento. Comezar por facer cumprir xa o recorte de última hora dos 240 millóns de euros do financiamento sanitario, que supón todo un incumprimento flagrante do acordo da Conferencia de Presidentes, sería o mínimo esixible para aprobar contas futuras; sobre todo despois de botárnola cravada en anos anteriores. O lema peronista consistía: mellor que dicir é facer. Senón é así, non fará falla ser moi mal pensados para crer que, máis que 2.020 millóns de euros para Galicia, o que nos toca é esperar ata o ano 2020 para conseguir algo que se vexa, tanxible ou converxente cos demais países.



Te puede interesar