Opinión

¿DE VERDADE, SENVACACIÓNS?

Ata penso que, pasándome moito das sempre miñas limitadas apreciacións ?modestia aparte-, Zapatero, por primeira vez, faille caso ao clásico ao proceder coa doutrina de Platón: 'A san e eficiente política non consiste en curar, senón en previr'. Tras o anuncio de que non marcha de vacacións, o sentir é de que vai empregar o tempo en xestións de prevencións, en vez de ter que curar; o calendario que se lle aveciña no outono-inverno non está para tomar medidas terapéuticas cruentas, que poden conlevar cirurxías complexas a ceo aberto e de efectos colaterais irreparables.


Pero, tamén todo hai que dicilo, son moitos os que opinan que o mellor que lle podería suceder a este país é que Zapatero se fora de vacacións. Uns prefiren que, definitivamente, collera vacacións sen límite no tempo. Outros, máis conservadores e respectuosos co poder establecido, cren que índose de vacacións non se lle ocorrerían ocorrencias que puidera levar a práctica, semellantes ás que nos ten acostumados.


Aínda existe un terceiro grupo, catalogado como máis consecuente, entre os que quero atoparme, que pensamos que Zapatero non se vai de vacacións por sentido de responsabilidade de Estado, consigo mesmo e carga de traballo político, cuxo froito ten que recoller, xa sexa maduro ou podre, nun futuro inmediato. O PNV, hoxe socio preferencial, lle acaba de remitir un órdago que fai cavilar ao presidente, ao aludir a súa caída se non concede máis autogoberno aos vascos. Aquí ninguén regala nada, e o debate identitario en Cataluña ten efecto rebote no nacionalismo vasco. Cadrar o xeroglífico vasco-catalán sen molestar ao actual Goberno vasco da para todo o verán... ¡e máis! Diante deste dilema non hai vacacións que cheguen.


Como cando de diñeiro se trata todos son da mesma relixión, veremos como manexa os vindeiros presupostos para, parecendo que os prioriza entre as moitas e acuciantes necesidades existentes ?é o que se lle supón a un bo gobernante-, pois tratará contentar á alguén para axudar que llos aproben, e seguir cara adiante. Unha táctica do máis parecida á da lura, pero en ocasións rentables. Senón, 'acabouse o que se daba'. E, aínda así, despois á espera do que diga Patxi 'o bó', ou sexa o López.


Máis que nunca, sen vacacións para previr ou para curar. Iso, cábalas aparte, só o sabe o presidente. Pero hai algo que calou diante da cidadanía, e é que os discursos de Zapatero xa inspiran menos confianza que as accións. Con vacacións ou sen elas. E se a virtude e o poder supremo son incompatibles, algo que se debe considerar antes das vacacións, agora tocan acordos no posible e moderación diante do imposible. Recoñecendo que a verdadeira sabedoría, está en recoñecer a propia ignorancia. Se así o fai, podemos dicir que a falta de vacacións resultou frutífera. Entón, nada que reprochar.

Te puede interesar