Opinión

Adoutoramento

Aínda que a verba adoutrinamento é sinónima de docencia, adoitamos usala na súa forma escluínte, como trasmisión de saberes, normas ou preceutos, nunha determinada direución, como proclamando unha verdade absoluta e irrenunciable que soio nós poseemos e que nos impide escoitar opiniós alleas.

Iste é o camino que conduce ó seutarismo ió fanatismo, ié o sistema segido, de sempre, por políticas, relixiós, nacionalismos, etc. pra acadar segidores. ¿De onde veñen, sinon, ises rapaces púberes, sin idade pra ter ideas propias niste eido, que, abrazados á súa bandeira, van berrando consinas de estremismos políticos?, ¿de onde os hooligans, os antisistema, os nacionalistas os yihadistas, os mártires de calquer relixión, etc.? É sonroxante que unha presidenta de Comunidade diga non coñecer, despois de mais de trinta anos de adoutrinamento, de onde vén o independentismo catalán.

O adoutrinamente comenza dende o berce. Desde que o cativo precisa aprender todo aquelo que vai formar a súa persoalidade. Por iso, os pais e mestres teñen unha grande responsabilidade na formación en valores sociales de convivencia, por outra banda tan escasos hoxendía. Os mestres, sobor de todo, deben ser honestos e, diante das grandes proclamas de principios e fórmulas “milagrosas”, educar na aplicación da “duda metódica” que relativice hastra os, aparentemente, mais firmes principios. Isto facilitará que o home forme a súa propia persoalidade e, dacordo coela, escolla as súas ouciós, sin interferencias alléas.

Non hai que esquecer que, antes de administrar o remedio que nos vai a poñer no bon camino, hai que considerar, primeiro, os posibles efeutos secundarios. 

Te puede interesar