Opinión

A RAG e o polbo/pulpo

Cando nun meu escrito anterior daba como probable que o carauter “pasteleiro” da Real Academia Galega (RAG) poría en igualdade os vocábulos polbo e pulpo, por ser o mais lóxico, ademáis de o millor xeito de contentar a todos, atopámonos coa decisión de rexeitar o termo pulpo “por ser patrimonialmente dubidoso”. Ou sexa que, coma sempre, a RAG non é mais que o brazo executor das consinas da malfadada Mesa pola Normalización Lingüística.

É cando menos incongruente que o Centro de Estudios do Carballiño atope referencia do termo pulpo nos séculos XI e XII, nada menos que na Catedral de Santiago; que o de polbo se comenzase a empregar no século XVI, e que agora o termo mais antigo sexa “dubidoso” e que, ademáis, sexa alcumado de “castrapo” pola ínclita Mesa pola Normalización Lingüística.

Si os membros da venerable Academia fosen competentes inteleutualmente e tomasen as súas decisiós sin ter que facer o que outros lles queiran imponer, decataríanse de que, asegún a lingoaxe mariñeira, todo no mar é peixe e todo o que vén a bordo é pescado. De tal xeito que o “polypus”, no mar e no noso idioma, é polbo, mais ó chegar a bordo e mais ó mercado, é pulpo. Niste senso é, de sempre, o tratamento que a nosa xente lle deu ó tema.

Por si fose iste un argumento de pouco peso, acontece que un dos quefaceres mais importantes das academias é o da admisión e incorporación das novas verbas que a lingua precisa, en función da necesidade das mesmas, tanto polo uso masivo na rúa como en diferentes medios de aitividades especializadas

Si escluímos un termo como pulpo, de uso secular e cotián, por ser “patrimonialmente dubidoso” ¿cómo se pode usar por exemplo “garaxe”, que non é dubidoso, é francés; ou “grazas”, que é portugés e nunca na p. vida se oiu dicir en Galicia hastra que o “importou” a RAG?

A RAG, que a pesares dos seus dislates aínda tén moi “cualificados” defensores, con iste fallo de “pata de banco” vén anoxar, de paso, a toda a xente do Carballiño. Coido que non terá que ver no asunto a secular xenreira entre istes e mailos ribeiraos paisanos do señor Alonso Montero. Pido perdón pola coña.

Te puede interesar