Opinión

O uso das linguas

Desde o tempo en que o castelán era a única lingua oficial hastra hoxe, que hai dúas, teñen pasado moitas cousas. Pra comenzar, e por mor das presas, artelláronse unha serie de medidas, a veces contraditorias, pra desenrolar unha pertinente normativización que rematara nunha normalización xeral. O problema foi que, en vez de espurgar e unificar o idioma, creouse un novo, de laboratorio e ateigado de elementos estranos, unhos apropiados de outras falas e outros “inventados”. Iste “galego” inventado, que tiña pouco que ver co que os estudantes oían na súa casa, foi o culpable de moitos suspensos e moitas carreiras rachadas 

O Goberno da Xunta incentivou o estudo do galego en forma de puntos adicionales nas oposiciós, co gallo de que diste xeito os funcionarios terían máis facilidade de relación coa xente por mor do seu bilinguismo. A verdadeira normalización é a de contestarlle á xente no mesmo idioma en que pergunta. Agora, en troques, coidan que o “normal” é contestar sempre en galego, fale o interlocutor na língua que sexa, e ademáis, en moitos casos tratando de tu a todo diós, rizando ó rizo da mala educación. A iñorancia de moitos, niste eido, protéxeos da falla de sentido do ridículo, pois si se decataran desa xerga que empregan, andarían vermellos coma pavos pola vergoña. Claro que, si se déran conta o non o empregarian, ou sexa, a pescada co rabo na boca.

Estamos a falar da xente que atende a un público e que normalmente se non decata de que o castelán e lingua coñecida do 100x100 dos galegos, cousa que, desgraciadamente, non ocurre co galego. Por iso non hai cousa máis ridícula ca esas traduciós televisivas, con ou sin subtítulos, do castelán o galego.

Te puede interesar