Opinión

Eurovisión inclusiva

20210521172053090_resultado
photo_camera 20210521172053090_resultado

Isto de Eurovisión estame recordando a cando a Unión Soviética e algúns países da súa órbita, como Alemania Oriental, decidiron non asistir nin retransmitir os Xogos Olímpicos de Los Angeles 84, non fora ser que os seus cidadáns se contaxiaran do aire de liberdade e divertimento que se respiraba nas competicións e sobre todo nas xornadas de clausura, que é cando as delegacións deportivas se desmelenan do lindo. Soamente temos que lembrar a Los Manolos en Barcelona 92 facendo bailar a medio mundo co “Amigos para Siempre”.

Lemas como o título desta canción son os elexidos polos organizadores de turno do Festival de Eurovisión, mandando a millóns de espectadores unha mensaxe de tolerancia, paz, concordia e todos eses valores que fan as sociedades máis xustas, modernas e solidarias, e que moitas veces costa décadas conseguir, pero que poden irse “ao nabizo” en cuestión de meses. Soamente fai falta que aparezan en escea os lobos disfrazados con pel de cordeiro, e que non son outros que os novos tiranos ou “pseudo-demócratas-populistas” de turno que fan que onde había progreso en temas sociais e liberdades individuais se retroceda aos tempos das cavernas, dos armarios, das pistolas ou das Santas Inquisicións.

20210521172053090_resultado

Para exemplo un país como Turquía, destino turístico de moitos españois, que desde que a gran “Conchita Wurst”, personaxe creado polo cantante Thomas Neuwirth, gañou o Eurofestival para Austria en 2014 e foi recibido en Viena polas máis altas autoridades do país en loor de multitude, decidiu non volver a participar no concurso por razóns estritamente homófobas, aducindo que a UER se desviou dos valores tradicionais que a caracterizaban. Xa me gustaría a min saber que valores manexan os dirixentes turcos en temas como o da muller sen ir máis lonxe.

De Rusia e de moitos dos países satélites da extinta Unión Soviética prefiro nin falar, soamente con escoitar e ver determinadas proposicións aprobadas por maioría nos seus Parlamentos é como para botarse a chorar e prometerse non viaxar nunca a onde se siga perseguindo á xente por cuestións políticas, relixiosas ou sexuais, amparados por leis moito máis propias da escura Idade Media. 

Non é verdade iso, ou polo menos non é toda a verdade, de que Eurovisión sexa un evento político, porque se así fora non creo que Israel pasase este ano á final de hoxe como pasou, cos votos dos xurados e dos telespectadores da semifinal do martes, pero sí é verdade que me encanta ver ás veces como o público a pé de pista asubía cando os representantes “fillos de Putin” reciben os “points”. E tamén gocei vendo nesta primeira semifinal como o realizador enfocou a un grupo de eurovisivos holandeses que ondeaban bandeiras LGTBI nada máis rematar a canción rusa. Ben é certo que a intérprete non ten culpa de nada, todo o contrario nesta edición, xa que Manizha Sanghin, unha cantante decididamente feminista que cantando hip hop mesturado con motivos folclóricos, quere transmitirlle ao mundo “que en Rusia hai moita xente comprometida, moderna e aberta, que elixe como e con quen quere vivir libremente o seu amor e que tamén quere ser escoitada”. De feito na pantalla do fondo que lle sirve de escenografía proxéctanse ducias de imaxes de mulleres de todo o mundo, de toda clase e condición, desde transexuais ata musulmanas. Entre iso e que a canción é realmente boa, non me extrañaría nada que ocupara unha moi boa posición esta noite. Ogallá. 

Te puede interesar