Noticias Ourense
Noticias Ourense 13/11/2025
O Concello de Ourense anunciou esta mañá que os praceiros non presentaron o proxecto requerido para trasladar os seus postos ao edificio rehabilitado e que seguirá adiante co expediente e procederá a desafiuzalos e rescindir a concesión da xestión da praza nun prazo estimado de 30 a 60 días. Precisamente por iso, esta mesma tarde se reunían Xunta e Deputación cos praceiros.