Cartas al director

A habitación de Fermat

Entre o PP, Puigdemont, Vox, González, Guerra… levaron a Pedro Sánchez á habitación de Fermat… e agora xa saben cal é o seu punto feble: Begoña. Sánchez aí empezou a perder esta Liorta Nacional que vén de lonxe: 11M de 2004.

É moi improbable que poida saír desa habitación indemne, porque as mentiras están aí fóra, e a verdade única non existe.

Se a maioría dos políticos e periodistas pensan que Sánchez fará X, eu penso que Sánchez fará Y, porque é adito a facer aquilo que só unha minoría faría, se se vira nesa mesma situación.

Frases como “A muller do César non só ten que ser honrada, ademais ten que parecelo”, “Á política vénse chorado”… etc, son falacias de hemeroteca tan histéricas como históricas.