VIDA

Cita coa natureza e a gastronomía

A Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, Concello de Cartelle, organizaron a súa “I Andaina de Magosto”, un evento no que se deron cita natureza, deporte e gastronomía.  

A xornada deu comezo coa saída dos preto de 140 participantes dende o local social de Sande. A ruta levou aos camiñantes a través de veredas e bosques autóctonos pasando polo Castelo (Ben de Interese Cultural dende 1492, e en estado de deterioro), as pedras de Rosende, a canteira privada das Penelas, e os núcleos de Oleiros, A Teixugueira e Madarnás. A fin de festa foi un magosto a base de churrasco, chourizos, castañas e bica e foliada nas Adegas de Mogos.

vida_1411_25
1 / 7

Bruno, Jesús, Antonio, un dos organizadores, e Víctor.

vida_1411_24
2 / 7

Noelia, Elena, María, Naiara, Ángel, Sandra, Tito e Denis.

vida_1411_23
3 / 7

David facendo un selfie con Iago, Virginia e Antón.

vida_1411_22
4 / 7

Miguel, Moncho Lemos, Luis e Bruno.

vida_1411_21
5 / 7

Cristina, Azucena, Freire, Julio, Tere e Juan.

vida_1411_20
6 / 7

Noa, Isolina e Víctor.

vida_1411_19
7 / 7

Manel, Antonio, Evaristo e Gonzalo.