No Virxe de Covadonga aprende o comportamento dos metais
Un ano máis, as aulas do colexio Virxe de Covadonga recibiron o proxecto de divulgación científica da Uned. Neste caso, e vestidos con disfraces propios do Samaín, os alumnos do centro recibiron a Óscar Gálvez, nunha actividade que se centrou no comportamento dos metais. Varios cativos saíron á mesa para comprobar na práctica o que o monitor lles ía explicando de xeito moi didáctico a través dunha proxección. O alumnado viviu unha xornada moi especial descubrindo de primeira man os segredos da ciencia.