Ambía enseña os veciños a buscar información nas redes dixitais

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Xunqueira de Ambía ofrecerá un curso na semana do 8 ao 12 de xullo.
O día 8 comeza o curso 'Alfabetización dixital: Busca da información na Internet', co que se pretende dar a coñecer aos usuarios o funcionamento dos buscadores. Aprender trucos e recursos para realizar as buscas de forma máis eficiente. Impartirase os días 8,9,10,11 e 12 de xullo, de 17,00 horas as 18,00 horas.

Para inscribirse, os interesados poden acercarse á aula CeMIT ou ó colexio Padre Crespo de Xunqueira de Ambía. Tamén pódese chamar ao teléfono 988436069, ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Te puede interesar