medio ambiente

Os Blancos pide aos veciños un consumo de auga responsable

Neste senso a administración local pedirá aos cidadáns o seu compromiso de empregala soamente "para fins domésticos e personais

Ante as prediccións meteorolóxicas que auguran un verán especialmente seco na Limia, o Concello de Os Blancos sumarase á iniciativa promovida por outros Consistorios da comarca e emitirá un bando nas vindeiras semanas para solicitar aos veciños "un consumo responsable de auga".

Neste senso a administración local pedirá aos cidadáns o seu compromiso de empregala soamente "para fins domésticos e personais". O rexidor local, José Manuel Castro, fixo un chamamento xeral á poboación alertando dunha situación "especialmente complicada" no que atinxe ao suministro de auga nos Blancos para os meses de verán. Castro sinalou que os mantiais diminuiron especialmente a súa capacidade e engadiu que, de ser necesario, "o Concello realizaría cortes puntuais". 

No que atinxe á capitalidade o tenente alcalde de Xinzo, Manuel Casas, dixo que sería "necesario" executar o regadío nas distintas comunidades de regantes. 

Te puede interesar