Antonio Luz publicou onte ás 23,00 horas o videoclip do seu último sinxelo “Non me toques o xe”, un hino ao emprego do idioma galego no día a día e contra os “complexos” que levan a moitos a rexeitar o seu uso con normalidade. Natural de Sarreaus, o cantautor rodou a comezos deste mes de xullo a peza audiovisual, da man de Kaito Estudios, en diferentes lugares de Xinzo: a zona das areeiras, o Bar Lulo ou a praza Maior. “Temos un idioma que ten unha solera e unha historia que moi poucos teñen. Quería poñer o meu grao de area para que utilicemos o galego sen complexos”, asegura Antonio Luz.
“Non me toques o xe” enmárcase no proxecto “Paraíso das airas” , patrocinado pola Deputación de Ourense co obxectivo de unir o rural coa música comercial e actual.
O Concello de Xinzo tamén colaborou con este videoclip que pretende que se coñeza a vila “moito máis alá do Entroido”, di o cantautor.