A choiva pon en alerta ós produtores da Limia

Documento-sin-título
photo_camera Unha parcela asolagada pola choiva.
Adegal pide a Medio Rural solucións alternativas a esta problemática

As semanas de choivas intensas sen descanso comezan a causar importantes danos e a poñer en alerta aos produtores que viven do campo. Na comarca de A Limia, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) veñen de poñerse en contacto coa Consellería de Medio Rural para trasladarlle a problemática existente actualmente nos campos desta comarca agrícola debido ás choivas e piden a busca de solucións alternativas polo asolagamento das fincas. 

“A Limia, considerada o graneiro de Galicia e a principal comarca produtora de pataca, ademais de ser base de provisión de diversas Indicacións Xeográficas Protexidas, está a sufrir as consecuencias das choivas persistentes nas últimas semanas”, lamentan desde Adegal, impotentes ante la situación climática. 

Os asolagamentos dos campos impiden aos produtores acceder a eles para os tratamentos dos cultivos contra enfermidades, pragas e malas herbas, e polo tanto, ata que remitan as precipitacións non se poderá establecer a viabilidade dos mesmos, así como a valoración económica das perdas dos “danos que xa son evidentes”, din en Adegal, os que consideran que estas choivas traerán consecuencias na produción.

Ante esta situación de alerta e preocupación na Limia, Adegal pediu a Medio Rural unha valoración conxunta cos seus técnicos dos prexuízos económicos e a posibilidade de autorizar excepcionalmente o tratamento aéreo con drons con produtos fitosanitarios.  

Isto non é algo illado na Limia, outras comarcas como Monterrei ou o Ribeiro tamén se viron afectadas polas choivas, tormentas e granizo, continuando en alerta polas enfermidades fúnxicas.

Te puede interesar