A Deputación colaborará co plan de regadío

undefined
photo_camera Manuel Baltar, no centro, reunido cos presidentes das distintas comunidades de regantes en Ourense.
A falta de concretar a contía da axuda, dende o ente provincial aseguraron que dita cooperación axudará a reducir a achega do 20 por cento que teñen que facer os propietarios e regantes da comarca limiá

O proyecto para implantar o novo plan de regadío na Comarca da Limia contará, ademais de coa cooperación autonómica e do Goberno central, co apoio da Deputación de Ourense. Os presidentes das comunidades de regantes mantiveron un encontro co titular do organismo provincial, Manuel Baltar, no que se lles confirmou que haberá unha achega específica para este plan co que se pretende modernizar a agricultura limiá. 

Baltar recibiu na Sala de Xuntas do Pazo Provincial aos presidentes das catro comunidades: De San Salvador de Sabucedo, Julio Manuel Montero; Corno do Monte, Amador Saborido; Alta Limia, Amador Díaz e o vicepresidente de Lamas Ganade, José Manuel Fernández. Todos eles estiveron tamén acompañados pola alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez.

A falta de concretar a contía da axuda, dende o ente provincial aseguraron que dita cooperación axudará a reducir a achega do 20 por cento que teñen que facer os propietarios e regantes da comarca limiá incluídos na área de regadío. As comunidades de regantes que se beneficiarán do plan engloban aos concellos de Porqueira, Xinzo e Trasmiras, representando a máis de 7.000 donos de terreos e 120 regantes.

Pola súa banda, Manuel Baltar, calificou o encontro de “tremendamente positivo”, xa que, segundo destacou, trátase “dunha obra estratéxica e transformadora para a Comarca da Limia”. 

COMARCA AGRARIA

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, explicou durante a xuntanza que se está a estudar “a mellor fórmula xurídica” para executar ditas axudas, que se canalizarán ben a través da propia Deputación ou do Inorde, un organismo que, segundo matizou Baltar, “ten unha forte implantación na Limia” xa que “axuda aos verdadeiros protagonistas da comarca agraria máis importante de Galicia”.

Por último, Susana Vázquez, rexedora de Porqueira, expresou tamén a súa satisfacción polo resultado da reunión, afirmando que o compromiso da Deputación “é unha noticia moi boa que será recibida con moitísimo agrado en toda a Limia, que é sen dúbida o motor agrario galego”.

Te puede interesar