CATIVOS

Os escolares serán os principais destinatarios do Día da Muller

img_20170307_120630_result
photo_camera A concelleira de Servizos Sociais, a ésquerda, coas voluntarias da Cruz Vermella.

Serán actividades dunha hora de duración nas que, a partir dunha serie de conceptos como "igualdade", "sexo", "xénero" ou "corresponsabilidade vencellada ás tarefas do fogar"

Persoal da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Xinzo levará a cabo varias actuacións ao longo desta semana con motivo do Día Internacional da Muller. 

Unha asesora técnica do Centro de Información a Mulleres en colaboración con voluntarias da Cruz Vermella realizarán unha actividade nos colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares dirixida aos alumnos de terceiro de primaria e encamiñada á "traballar a igualdade entre nenos e nenas", tal e como sinala Susana Garrido, técnica do CIM.

Esta xornada denominada "Coeducando en igualdade", dividirase  en dous días. Hoxe serán os alumnos do colexio Rosalía de Castro os que participen nesta dinámica de grupo e, o vindeiro día 10 de marzo, será o turno dos cativos do centro de ensino Carlos Casares.

Serán actividades dunha hora de duración nas que, a partir dunha serie de conceptos como "igualdade", "sexo", "xénero" ou "corresponsabilidade vencellada ás tarefas do fogar", as voluntarias e persoal do CIM procurarán "que os cativos reflexionen sobre estes termos". Silvia Blanco, concelleira de Sevizos Sociais e Igualdade destacou a "boa resposta que adoitan ter os estudantes a este tipo de iniciativas". 

O vindeiro día 12, a Federación de Mulleres Rurales de Ourense ten prevista a celebración dun acto na Casa da Cultura de Xinzo. Baixo o lema "¿Quen dixo que as mulleres non podemos", as participantes compartirán as súas experiencias "nun mundo de homes".

Te puede interesar