NAVIDAD

Limialandia abrirá o próximo día 23 no Pazo de Deportes

Os máis cativos poderán xogar en Limialandia dende o venres 23 de decembro ata o  xoves 5 de xaneiro, de 15,30 horas a 21,00 horas. O importe da entrada será de cinco euros.

O parque de atraccións chega un ano máis ao Xinzo. Os máis cativos poderán xogar en Limialandia dende o venres 23 de decembro ata o  xoves 5 de xaneiro, de 15,30 horas a 21,00 horas. O importe da entrada será de cinco euros.

A presenza do parque enmárcase nun variado programa de Nadal que dá comezo este venres, 16 de decembro, coa gala da Academia Danzón no Auditorio da Casa da Cultura ás 20,30 horas.

O teatro virá da man de Aneis Teatro o sábado, día 17, na Casa da Cultura, ás 19.30 horas.

O luns, día 19, pola mañá os Reis Magos visitarán os colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro.

Durante o resto do mes a vila acollerá as actuacións do Conservatorio Profesional de Música, a Escola Municipal de Gaitas e Percusión, Fusion Fitness, "Cantaroladas para xente miúda", Payasolandia, a Coral Santa Mariña e a escola de música da Agrupación Musical da Limia. María do Ceo dará un concerto o venres 23 ás 20,00 horas. na Igrexa Nova.A esperada Cabalgata de Reis sairá o 5 de  xaneiro ás 17 ,00 horas da Praza Carlos Casares e o punto final das festa poráo a Agrupación Musical da Limia co Concerto de Reis o día 7 ás 20,00 horas na Igrexa Nova.

Te puede interesar