ENTREVISTA

Manuela Rodríguez: “Hai que organizar cousas para que a xente que vén no verán ó pobo o faga contenta"

20180718182206485_result
photo_camera Manuela Rodríguez Nieto.

Manuela Rodríguez é a presidenta da Asociación Cultural Os Gaiteiros de Vilar de Barrio, unha das máis numerosas da localidade -con medio centenar de inscritos- dende a súa fundación no 1999.

 Traballa activamente coa Asociación Xuvenil Os Gaiteiros e co Concello de Vilar de Barrio para dinamizar durante todo o ano este municipio limiao que conta con 1.320 habitantes -261 no núcleo principal-. Este verán organizarán preto dunha vintena de actividades festivas, culturais e deportivas-coa axuda da Deputación e da Xunta-. co obxectivo de que "os que veñen de fóra o fagan con gusto e se integren cos do pobo".  

Con que obxectivo xurdiu a asociación?

Comezamos impartindo clases de gaita en Vilar de Barrio e fixemos unha pequena banda. Cando xa estabamos organizados pensamos en seguir adiante con máis actividades e co obxectivo de facer cousas polo pobo e loitar pola cultura. 

Teñen moitas actividades preparadas para este verán?

Si, porque aínda que polo ano facemos moitas, o groso do noso traballo está nestes meses. Aquí o patrón é San Cid, que se celebra o día 1 de agosto, e nesa quincena concentramos o programa estival. Hai que organizar cousas para que a xente que vén no verán ao pobo o faga contenta, e tamén que se integre nel. 

Cal é a actividade que reúne a un maior número de persoas?

A andaina é, quizáis, a que máis afluencia de xente ten. O ano pasado fomos preto de 300 persoas as que participamos. Tamén o Día da Bici, que será o 5 de agosto, sen dúbida atrae a moitas persoas. 

Que actividades teñen o resto do ano?

Temos ximnasia para a xente maior, unha cea popular de Entroido para todo o pobo, celebramos os cumpreanos dos maiores, e unha vez ao ano imos a cear aos Milagres. 

Podería dicirse que as asociacións culturais son os motores dos pobos do rural?

Sen dúbida e non solo a nivel cultural, xa que a través delas sacamos a moita xente da casa e damos vida aos pobos.n

Te puede interesar