COLABORACIÓN

Xinzo de Limia e Sandiás colaboran para impulsar o Camiño

Un tramo da Vía da Plata en Sandiás.
photo_camera Un tramo da Vía da Plata en Sandiás.
Os dous concellos da Limia poñen en marcha o "Obradoiro de emprego e peregrino"

Xinzo e Sandiás poñen en marcha o “Obradoiro de emprego o peregrino”. O Concello de Xinzo abordou na sesión plenaria do pasado venres a ratificación do convenio de colaboración para darlle continuidade a este obradoiro.

O Concello de Xinzo foi o encargado da súa presentación, tramitación e xustificación. Este programa, que se desenvolverá por terceira vez, incluirá diversas actuacións de embelecemento e pon en valor unha vez máis a colaboración intermunicipal como cabeceira de comarca.

O obradoiro terá unha duración de 9 meses e ofrecerá prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumnos de ámbolos dous concellos. Despois do último obradoiro de emprego que revalorizou a Vía da Plata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volven a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas.

O obradoiro de emprego ofrecerá formación nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e na de instalación de elementos e carpintería.

Te puede interesar