Moción

Moción no pleno de Sandiás sobre os danos que causou o pedrazo

A corporación municipal de Sandiás celebrará esta tarde o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo

 A corporación municipal de Sandiás celebrará esta tarde o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo. Na sesión abordarase a proposta días festivos locais para o vindeiro ano 2018, así como a conta xeral do Concello correspondente ao pasado exercicio económico de 2016. 

No transcurso da sesión plenaria tamén se votará unha moción conxunta presentada por todos os grupos municipais , pola que se reclaman axudas para os afectados polos danos causados polo pedrazo nos concellos de Sandiás, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. 
 

Te puede interesar