Nocedo, en Os Blancos, mellorará varias das súas rúas

Trátase, con esta intervención, de mellorar o acceso e a comunicación a través da rede de estradas. 

O núcleo rural de Nocedo, en Os Blancos, reformará varias das súas rúas ao longo deste 2021 co principal obxectivo de mellorar este entorno para fomentar a convivencia veciñal. Dende a Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda anunciouse esta semana o contrato de adxudicación que permitirá levar a cabo os traballos que, previsiblemente, comezarán este mesmo verán. Concretamente, A Xunta de Galicia vén de adxudicar o mencionado acordo por un importe de case 40.000 euros á empresa Coviastec Sociedade Limitada. 

Segundo explicaron dende o departamento autonómico, en Os Blancos executaranse unha serie de obras que procurarán rexeneración do pavimento da parroquia de Nocedo. Trátase, con esta intervención, de mellorar o acceso e a comunicación a través da rede de estradas. 

Por outro lado, ao longo do periodo estival tamén se levarán a cabo traballos de roza e limpeza, así como a colocación de mobiliario urbano en aras de conseguir a rehumanicación do entorno.

COOPERACIÓN

Dende a Xunta de Galicia destacan a importancia de colaborar naqueles proxectos que melloren as infraestruturas municipais, sobre todo naqueles casos nos que as posibilidades económicas das entidades locais así o requiran, e que permitan un aumento da calidade de vida desta zona rural e se contribúa a fixar poboación.

O pasado mes de abril, o alcalde de Os Blancos, José Manuel Castro Blanco, e a titular de Medioambiente, Ángeles Vázquez, mantiveron un encontro de traballo para adiantar esta colaboración que se acaba de materializar. Recentemente, Os Blancos tamén renovou a plaza situada fronte ao Concello mediante os Plans Provinciais.

Te puede interesar