PRECAMPAÑA/ XINZO DE LIMIA

O PP dí que ten proxecto en Xinzo para ‘catro anos máis'

limia_result
photo_camera Manuel Baltar e Antonio Pérez, no centro, durante o acto de presentación da candidatura en Xinzo.

O candidato a alcalde, Antonio Pérez, afirma que lidera unha lista "renovada e con experiencia"

O Partido Popular presentou onte pola tarde a súa lista coa que opta a continuar gobernando outros catro anos máis no concello de Xinzo de Limia. O acto tivo lugar la Casa da Cultura da capital limiá e ó mesmo asistiron numerosos vecinos, afiliados e simpatizantes.

O candidato á alcaldía, Antonio Pérez Rodríguez, sinalou no transcurso da súa intervención que a lista que lidera "conta coa renovación necesaria e a experiencia contrastada para gobernar no Concello desde o minuto un". Tamén sinalou o candidato 'popular' que "o proxecto deseñado polo Partido Popular para o Concello de Xinzo de Limia ten continuidade para catro anos máis", matizando ao respecto que hai proxectos irrenunciables, como son "a circunvalación de Xinzo ou a mellora de avenida de Ourense", así como continuar co proceso de mellora de todos os servicios municipais que se lle están a prestar aos veciños e veciñas da vila.

Tamén interviu no acto o presidente provincial do Partido Popular e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, quen puxo de manifesto que "o equipo que lidera Antonio Pérez Rodríguez "sae a gañar e a demostrar que ten unha clave irrenunciable no seu programa, que é Xinzo de Limia.

Te puede interesar